Soichi Noguchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Soichi Noguchi
Soichi noguchi v2.jpg
Nacemento 15 de abril de 1965
  Iocoama
Nacionalidade Xapón
Alma máter Universidade de Toquio
Ocupación astronauta
Premios Medal "For Merit in Space Exploration"
editar datos en Wikidata ]

Soichi Noguchi (野口聡一 Noguchi Sōichi), nado o 15 de abril de 1965 en Iocoama, é un enxeñeiro aeronáutico e astronauta xaponés. Foi o quinto xaponés en viaxar ao espazo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que nado en Yokohama, pasou a súa infancia na cidade de Chigasaki. Entre 1984 e 1989 estudou na Universidade de Toquio onde se licenciou e doutorou en Enxeñería Aeronáutica[1]. Despois de graduarse, Noguchi traballou para a empresa Ishikawajima-Harima, na área de I+D do seu departamento de aeronáutica e traballou no deseño de aerodinamicidade de avións comerciais[2].

A Noguchi seleccionárono como candidato a astronauta na Axencia Xaponesa de Exploración do Aerospazo en xuño de 1996. Dous meses despois comezou o seu adestramento nas instalacións da NASA en Johnson Space Center. Ao cabo de dous anos obtivo a cualificación de especialista de misión, e marchou a Rusia a proseguir a súa fomarción no Centro Gagarin de Adestramento de Cosmonautas en 1998. Incorporouse ao equipo técnico do módulo xaponés da Estación Espacial Internacional e en abril de 2001, como tripulante da STS-114.

Noguchi foi en 2009 na tripulación da Soyuz TMA-17[2]. Cando estaba no espazo, en viaxes desenvolvidas en 2010, tomou diversas fotografías da Terra e publicounas en Twitter, a través de Twitpic. Entre esas fotos estaba unha da ría de Vigo[3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]