Sofía Paleóloga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zoe Paleóloga
Gran Duquesa consorte de Moscova
S.paleolog reconstruction03.JPG

Reinado12 de novembro de 1472 - 7 de abril de 1503
Nacemento1440/49
Cónxuxe/sIván III de Rusia
DescendenciaBasilio Ivanovich
Iuri Ivanovich
Demetrio Ivanovich
Simeón Ivanovich
Andrei Ivanovich
Helena Ivanovna
Feodosiia Ivanovna
Eudoxia Ivanovna
ProxenitoresTomé Paleólogo
Catarina Zaccaria

Zoe Paleóloga, (en grego: Ζωή Παλαιολόγου, en ruso: Софья Фоминична Палеолог) nada en 1440/49 [1] e finada o 7 de abril de 1503, foi Gran Duquesa de Moscova, sobriña do último emperador bizantino Constantino XI e segunda esposa de Iván III de Rusia, avoa de Iván o Terrible.

Biografía[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

O pai de Zoe foi Tomé Paleólogo, Déspota de Morea e irmán do último emperador bizantino, Constantino XI. A súa nai foi Catarina Zaccaria, a única filla lexítima e herdeira de Centurión II Zaccaria, o último príncipe independente de Achaea e Barón de Arcadia.

En Italia[editar | editar a fonte]

A caída do Imperio Bizantino en 1453 supuxo un punto de inflexión na vida de Zoe. Sete anos máis tarde, en 1460, a armada otomá atacou Morea e Tomé e a súa familia tivo que escapar a Corfu e, máis tarde, a Roma, onde Tomé entrou na cidade como Emperador Bizantino o 7 de marzo de 1461. Catarina, que quedara en Corfu cos seus fillos, finou o 16 de agosto de 1462, mentres que Zoe e os seus irmáns permanecerían aló ate 1465 ano en que finalmente parten cara Roma.[2] En Roma o seu nome grego Zoe foi cambiado a Sofía.[1]

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Ivan Fryazin mostra a Iván III o retrato de Sofía Paleóloga, por Viktor Muizhel.

María de Tver, a primeira muller do Gran Príncipe Iván III de Moscova finara en 1467. Deste matrimonio nacera un fillo, Iván o Mozo, nado en 1458. No ano 1469 o Papa Paulo II ofreceu a Sofía como esposa ao monarca ruso, coa esperanza de unir a católicos e ortodoxos nunha soa fe. Iván III, casou con Sofía na Catedral da Dormición no Kremlin de Moscova o 12 de novembro de 1472.[3][4] Con todo, o Cardeal Basilio Bessarión, enviado papal, non tivo éxito na súa misión de converter a política relixiosa moscovita.

Ao pasar dos anos, Sofía foi gañando influencia nas decisións do seu ancián marido. Crese que foi a primeira en introducir no Kremlin a magnífica e meticulosa etiqueta das cerimonias bizantinas, coa idea de converter a Moscova na Terceira Roma.

Morte[editar | editar a fonte]

Destrución da tumba de Sofía Paleóloga en 1929.

O triunfo do seu fillo foi o último evento importante na vida de Sofía. Esta lograra que Iván III nomeara como o seu sucesor a Basilio, pasando así por alto a Iván, o fillo de María de Tver. Sofía finou o 7 de abril de 1503, dos anos antes que o seu marido (quen finou o 27 de outubro de 1505).

Sofía foi enterrada nun sarcófago de pedra branca na cripta da Catedral da Dormición no Kremlin de Moscova, preto da tumba de María de Tver. No sarcófago inscribiuse o nome Sofía.

A catedral da Dormición foi destruída en 1929, e os restos de Sofía, así como de outras consortes reais, foron transferidas a unha cámara subterránea na Catedral do Arcanxo Miguel.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 de Madariaga, Isabel (2008). Ivan den förskräcklige (en sueco). .
  2. Steven Runciman: The Fall of Constantinople (London: Cambridge, 1969), p. 182.
  3. Fryazy and Greeks with Princess Sophia of Rome (in Russian) [retrieved 25 February 2015].
  4. Sophia Palaeologus - Greek princess on the Russian throne (in Russian) [retrieved 25 February 2015].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]