Sociedade de clasificación
As Sociedades de Clasificación son organizacións xurdidas no sector naval e adicadas á seguridade marítima, humana e do ambiente e non vencelladas a ningún goberno estatal[1].
Historia
[editar | editar a fonte]As sociedades de clasificación xurdiron na segunda metade do século XVIII pola necesidade de garantir a seguridade no sector naval. Ofrecer información dos buques, armadores, aseguradores e a administración. Nun principio eran só listas nas que se informaba do estado xeral do buque por medio dunhas valoracións. Canto mellor era o buque recibía unha máis alta puntuación e polo tanto era premiado con custos do seguro máis baixos. Co tempo estas valoracións limítanse aos dous únicos niveis actuais: A1 ou non válido. As sociedades de clasificación ofrecen servizos de asesoramento e información no sector naval. Nos últimos anos ampliaron o seu sector de traballo dando tamén servizos a todo tipo de industrias.
Os buques a artefactos flotantes deben ser deseñados, construídos, operados e reparados segundo as normativas da sociedade de clasificación na que estean rexistrados.
Principais sociedades de clasificación
[editar | editar a fonte]A nivel mundial son só tres as sociedades de clasificación máis importantes: Lloyd's Register que é a máis antiga, American Bureau of Shipping e Det Norske Veritas aínda que existen outras que prestan servizos.
Nome | Siglas | Data | Sede | Membro de IACS |
---|---|---|---|---|
Lloyd's Register | LR | 1760 | Londres [2] | |
Bureau Veritas | BV | 1828 | París | |
Registro Italiano Navale | RINA | 1861 | Xénova | |
American Bureau of Shipping | ABS | 1862 | Houston | |
Det Norske Veritas | DNV | 1864 | Oslo | |
Germanischer Lloyd | GL | 1867 | Hamburgo | |
Nippon Kaiji Kyokai (Tamén chamada ClassNK) | NK | 1899 | Toquio | |
Russian Maritime Register of Shipping (Российский морской регистр судоходства) |
RS | 1913 | San Petersburgo | |
Overseas Marine Certification Services | OMCS | 2004 | Panamá | |
China Corporation Register of Shipping | CR | 1951 | Taipei | |
China Classification Society | CCS | 1956 | Pequín | |
Indian Register of Shipping | IRS | 1975 | Bombai | |
Brazilian Register of Shipping (Registro Brasileiro de Navios) |
RBNA | 1982 | Río de Xaneiro | |
IACS, International Association of Classification Societies. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Recopilación de diez sociedades de clasificación. Ingeniería Naval
- ↑ LR Arquivado 04 de outubro de 2009 en Wayback Machine. plans to move its head office to Southampton in 2011