Saltar ao contido

American Bureau of Shipping

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
American Bureau of Shipping
Tiposociedade de clasificación e organización sen ánimo de lucro Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaNot-for-profit Corporation e 501(c)(6) organization (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
MatrizABS Group of Companies, Inc (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriatransporte marítimo Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1862 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 30°05′53″N 95°26′32″O / 30.098, -95.4421
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeHouston Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBeagle.org Editar o valor en Wikidata
Teléfono+1-281-877-6000 Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: abseagle LinkedIn: american-bureau-of-shipping Youtube: UC0edKI1JGgLswjQNtK56hdg BNE: XX90658 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

American Bureau of Shipping (ABS) é unha Sociedade de clasificación con sede en Houston, Texas. ABS foi fundada en 1862 e actualmente é unha das tres empresas líderes no seu sector a nivel mundial, xunto coa británica Lloyd's Register e a norueguesa Det Norske Veritas. A finais de 2006 ABS tiña clasificados máis de 10.000 buques mercantes e instalacións Off Shore. ABS presta os seus servizos en avaliación de deseños navais, construción de buques e resistencia estrutural.

ABS iniciou as súas operacións navais en 1862 no estado de Nova York no fletamento de buques e certificacións. ABS naceu da necesidade de autorregulación da industria, ABS publicou as súas normas técnicas, as regras relativas á inspección e clasificado dos buques de madeira en 1870. Cando a era dos buques de madeira deu paso ao ferro, ABS estableceu normas para estas estruturas, en 1890. Cando o ferro deu paso ao aceiro, as regras de ABS para a construción e clasificar dos buques de aceiro adaptáronse ao novo material. Estas regras para buques con casco de aceiro seguen a ser publicadas e revisadas anualmente.

ABS clasificación de buques

[editar | editar a fonte]

As sociedades de clasificación certifican que o buque se deseña, constrúe e opera segundo as súas normas. Se nas inspeccións periódicas os buques non seguen a cumprir estas normas a certificación queda suspendida ou cancelada. A normativa de ABS derívase de datos empíricos, experiencias, información técnica e profesional, coñecementos de enxeñería naval e náutica e doutras disciplinas e normativas internacionais.

Cando un armador contrata a construción dun novo buque a sociedade de clasificación elixida polo armador supervisa todo o proceso de deseño, construción e as probas para a entrega do buque. No estaleiro persoal técnico de ABS comproba que se están a seguir os deseños e procedementos acordados.

ABS e o Prestige

[editar | editar a fonte]

American Bureau of Shipping é a sociedade de clasificación que certificou o Prestige. O Goberno Español levouna aos tribunais nunha demanda civil en Nova York[1]. En 2007 os tribunais fallaron que unha sociedade de clasificación non é unha persoa e non é responsable dos danos. Estados Unidos tampouco asinou o convenio internacional de verteduras no mar polo que non é competente para xulgar o caso. O Goberno Español apelou e en agosto de 2010 o caso foi rexeitado ao non haber casos precedentes de responsabilidades esixidas por estados costeiros[2].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]