Det Norske Veritas ou (DNV) é unha sociedade de clasificación de buques fundada en Noruega en 1864 organizada como unha fundación que ten como obxectivos: "coidar a vida, as propiedades e o medio ambiente".
Xunto con Lloyd's Register e American Bureau of Shipping é unha das tres maiores compañías clasificadoras de buques do mundo, ten 300 oficinas en 100 países.
As industrias máis importantes onde opera a compañía inclúen transporte marítimo, a enerxía (tamén eólica e solar), aviación, automoción, finanzas, alimentación, saúde e tecnoloxías da información.
DNV Maritime and Oil & Gas Classification adicada á verificación, avaliación de riscos e soporte técnico no sector marítimo, gas e petróleo.
DNV KEMA Energy & Sustainability Counselling probas e servizos de certificación no sector enerxético, enerxías renovables, emisións, eficiencia enerxética, xeración eléctrica, transformación e distribución eléctrica.
DNV Business Assurance Certificación, avaliación, formación, procesos e organización a nivel mundial nun amplo espectro de sectores.
Tamén ten a filial Software DNV, programas de deseño naval, enxeñería, avaliación e cálculo.