Sociedade Filharmónica de Khárkiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrada principal da Filharmónica de Khárkiv.

A Sociedade filharmónica de Khárkiv (Харківська обласна філармонія en ucraíno, transl. Jarkivska oblasna filarmoniya) é unha asociación filharmónica situada na localidade de Khárkiv, Ucraína fundada en outubro de 1929. A organización é unha das máis antigas e recoñecidas do país como centro cultural.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia varios compositores participaron na sociedade como: Henryk Wieniawski, Pablo Sarasate, Mattia Battistini, Titta Ruffo, Fiódor Chaliapin, Piotr Chaikovski, Serguéi Rakhmáninov entre outros compositores e músicos.

O propietario do centro é a Orquestra Académica Sinfónica. Dispón de 100 músicos de gran nivel profesional, a maior parte deles premiados en certames nacionais e internacionais.

O centro é unha das organizacións culturais promotoras da música clásica, contemporánea e folclórica realizando unha contribución significativa á vida cultural de Ucraína.

Academia Coral[editar | editar a fonte]

Grupo coral da Orquestra Filharmónica.

Nos anos 30 fundouse o Coro Vocal da Academia cun concerto.

Desde 1936, o coro estivo dirixido por O. Bryzchakha até 1938 cando foi substituído por K. Hrechenko até 1943. Ao longo dos anos houbo varios directores: E. Konopliova (1944-1945), H. Davidovskiy. En 1956 o coro reorganizouse no Coro Nacional de Ucraína até a súa desaparición en 1962.

As orixes do grupo que forma a filharmónica de Khárkiv hoxe en día remóntanse a 1980 por iniciativa de Vyachaeslav Palkin e a Administración de Cultura de Ucraína. Os concertos empezaron a atraer o interese da cidade sendo o seu primeiro concerto en xaneiro de 1981. Durante os anos 80 o grupo empezou a realizar xiras por Kíiv e outras cidades á parte de tocar en varios países: Rusia, Moldavia, Letonia, Xeorxia, Alemaña e Estados Unidos.

O coro alcanzou o status de grupo filharmónico pola súa intensa actividade, actuacións profesionais e o seu gran repertorio.

En xullo de 1991, o coro actuou por primeira vez na Cámara Filharmónica rexional de Khárkiv.

Trala disolución da Unión Soviética, o coro continuou a súa actividade en varios eventos tanto internacionais e nacionais:

  • Primeira asemblea coral de Kíiv (Kíiv, 1993)
  • Slobozchanski velykden (Kíiv, 1996)
  • 2000 anos da natividade e celebración do Día Reformista (Alemaña, 2000)
  • Sexta edición do Festival Zolotoverkhiy Kíiv (Kíiv, 2002)
  • Premios Taras Shevchenko Suzirya (Kíiv 2003)
  • Concertos rexionais (Kíiv, 1999, 2001, 2004)
  • 130 aniversario do nacemento de Oleksandr Koshytsia (Kíiv, 2005)
  • Festival coral de Ucraína (Dniepropetrovsk, 2006)
  • Festival Internacional Khaynovsky dni tserkownych pisnespiwiw (Polonia, 2006, 2009, 2011)

Os programas musicais do grupo coral están compostos por obras de varios compositores de varias nacionalidades:

Ucraína: Lesia Dychko, T. Kravtsov, Mikola Leontóvich, Mykola Lysenko, Yevhen Stankovych, Kyrylo Stetsenko, M. Stetsiun.

Rusia: V. Gavrylin, Mikhail Glinka, Serguéi Rakhmáninov, Sergei Taneyev, Alfred Schnittke.

Europa Occidental e Central: J. S. Bach, Hector Berlioz, Carl Maria von Weber, O. Lasso, W. A. Mozart, F. Schubert, K. Gorskiy, Krzysztof Penderecki entre outros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]