Sociedad Española de Ornitología
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2012.) |
Sociedad Española de Ornitología | |
---|---|
Acrónimo | SEO/BirdLife |
Tipo | organización non gobernamental para o desenvolvemento e sociedade científica |
Campo de traballo | Ornitoloxía |
Data de fundación | 15 de maio de 1954 |
Nº de membros | 16.678 (2018) |
Nº de empregados | 86 (2018) |
Premios | Fundación Lealtad Accreditation e Aragonia Award |
Sede | España |
País | España |
Na rede | |
http://www.seo.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Sociedad Española de Ornitología (SEO, na actualidade SEO/BirdLife) é unha organización non gobernamental de utilidade pública que ten como principais obxectivos a conservación e o estudo das aves e os seus hábitats. Está inscrita como ONGD na AECID. Actualmente conta con máis de 11.000 socios e uns 5.000 voluntarios. Os seus socios máis activos agrúpanse nos denominados Grupos Locais dos que na actualidade existen 32 repartidos por toda España. A sede central está situada en Madrid e ademais existen delegacións en Aragón, Andalucía, Canarias, Cantabria, Cataluña, Estremadura e na Comunidade Valenciana, ademais de oficinas en Doñana e no Delta do Ebro.
SEO/BirdLife, é a ONG conservacionista máis antiga de España con máis de 50 anos de experiencia na defensa e estudo das aves e dos seus hábitats. Foi fundada o 15 de maio de 1954 no Museo de Ciencias Naturais de Madrid cun núcleo fundador formado por 85 persoas. Desde o seu comezo SEO/BirdLife publicou unha revista científica semestral, Ardeola, e en 1957 creou un Centro de Migración de Aves. Tamén conta cunha revista trimestral, La Garcilla que reciben todos os seus socios. Forma parte de cinco grandes ONG ambentalistas de España xunto con Greenpeace, WWF, Amigos de la Tierra e Ecologistas en Acción.
A nivel internacional forma parte de BirdLife International, unha federación mundial que agrupa a máis de tres millóns de socios en 111 países, dedicada á conservación da biodiversidade en todo o mundo.