Slowdive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slowdive (Logo).png
Slowdive Primavera.jpg
A banda no NOS Primavera Sound 2014
Orixe Reading, Inglaterra Inglaterra
Período 1989 - 1995
2014
Xénero(s) dream pop, shoegazing
Selo(s)
discográfico(s)
Creation Records, SBK Records
Membros Nick Chaplin
Rachel Goswell
Neil Halstead
Ian McCutcheon
Christian Savill
Simon Scott
Adrian Sell
Na rede
slowdiveofficial.com

Slowdive é unha banda inglesa de shoegaze formada no ano 1989 en Reading. Estivo composta principalmente por Nick Chaplin (baixo), Rachel Goswell (voces, guitarra), Neil Halstead (voces, guitarra) e Christian Savill (guitarra). Varios baterías tocaron no grupo, incluídos Ian McCutcheon, Adrian Sell, e, o máis destacado Simon Scott, que tocou nos seus dous primeiros álbums. Halstead foi o seu principal compositor.

Goswell e Halstead coñecíanse xa dende a súa infancia en Reading, Berkshire, cando Goswell era un seareiro obsesivo de The Smiths. Scott deixou o grupo en 1994 e cando Savill e Chaplin marcharon despois do lanzamento de Pygmalion, os restantes membros cambiaron o nome do grupo para Mojave 3.

A banda reuníuse en 2014 anunciando que tocaría no festival Primavera Sound de Barcelona[1].

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]