Saltar ao contido

Dead Oceans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dead Oceans
Tipoeditora discográfica independente
Data de fundación2007
SedeBloomington
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.deadoceans.com/
Facebook: DeadOceans Twitter: deadoceans Instagram: deadoceans Youtube: UCNa3uC5LqiRHOnv5b4MZ36g Souncloud: deadoceans Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dead Oceans é un selo discográfico independente estadounidense formado en 2007 e baseado en Bloomington, Indiana.

En 2007, Phil Waldorf fundou Dead Oceans con Chris Swanson.[1] Swanson suxeriu o nome Dead Oceans, que proviña da letra da canción de Bob Dylan "A Hard Rain's a-Gonna Fall" (1963).[2][3] O irmán de Chris,Ben Swanson, Darius Van Arman, e Jonathan Cargill de Secretly Canadian e Jagjaguwar tamén axudaron a fundar o selo.[4][5] A discográfica é parte da familia de etiquetas independentes Secretly Group.[6]

Algúns dos primeiros lanzamentos do selo son Pride de Phosphorescent, Rise Above de Dirty Projectors, e Set ‘Em Wild, Set ‘Em Free de Akron/Family, que van dende o folk ata o art punk. Dead Oceans publicou traballos de Julianna Barwick, Mitski, Phoebe Bridgers, Japanese Breakfast, Ryley Walker, The Tallest Man on Earth, Kevin Morby, Marlon Williams, Shame, e moitos outros.[7]

En 2017 Dead Oceans publicou o primeiro álbum da banda de shoegaze Slowdive en 22 anos.[8]

No ano 2018 Dead Oceans foi listado no número 7 da lista das 10 mellores discográficas de 2018 da revista Paste. Jagjaguwar foi número 4 e Secretly Canadian apareceu no posto 8.[9]

  1. "Live from the beehive". Indiana Daily Student. Consultado o 2 de abril de 2024. 
  2. "About". deadoceans.com. Consultado o 2024-04-02. 
  3. Shepler, Jack (2007-03-14). "Record roundup of early 2007's Secretly Canadian and Jagjaguwar CDs". NUVO (en inglés). Consultado o 2024-04-02. 
  4. Powell, Austin; Fri.; Oct. 19; 2007. "Dead Oceans". www.austinchronicle.com (en inglés). Consultado o 2024-04-02. 
  5. "Secretly Canadian/Jagjaguwar Birth Dead Oceans". Pitchfork. 2008-10-11. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 2024-04-02. 
  6. "Secretly Group". Music Business Worldwide (en inglés). 2021-01-27. Consultado o 2024-04-02. 
  7. Fink, Matt. "Mitski - The Under the Radar Cover Story". www.undertheradarmag.com (en inglés). Consultado o 2024-04-02. 
  8. "Slowdive return with new song after 22 years (were savvy in naming themselves “slow” dive)". Tiny Mix Tapes (en inglés). Consultado o 2024-04-02. 
  9. "The 10 Best Record Labels of 2018". Paste Magazine (en inglés). Consultado o 2024-04-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]