Sitta pusilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sitta pusilla
Un Sitta pusilla en Carolina do Norte, EUA.
Un Sitta pusilla en Carolina do Norte, EUA.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sittidae
Xénero: 'Sitta'
Especie: ''S. pusilla''
Nome binomial
'Sitta pusilla'
Latham, 1790
Distribución de S. pusilla

Distribución de S. pusilla

Sitta pusilla é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae nativa de Estados Unidos.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Un espécime nunha casa para paxaros.

Pode encontrarse nos bosques de piñeiros de todo o sueste de Estados Unidos. Unha poboación en perigo de extinción vive na illa Gran Bahama, que algunas autoridades consideran unha especie separada e danlle o nome de S. insularis.[2] A ave, igual que outros gabeadores, posúe un peteiro negro afiado en forma de cravo, que utiliza para golpear as sementes. É un visitante frecuente de estacións de alimentación para aves e é moi afeccionada ás sementes de xirasol e pasteis de sebo.

Descrición[editar | editar a fonte]

É aproximadamente do mesmo tamaño que Sitta pygmaea, e estas dúas especies son os gabeadores máis pequenos do mundo. Mide de 9 a 11 cm de lonxitude, de 16 a 18 cm de envergadura e ten de 10 a 12 g de masa corporal.[3] A parte superior da cabeza é marrón cunha liña ocular negra, a cara, papo e ventre son de cor branca. As ás son de cor gris azulada. Ten un pequeno punto branco no pescozo. A chamada da ave soa de forma parecida ao son dun pato de goma de xoguete e é bastante forte para unha ave do seu tamaño.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International (2012). "Sitta pusilla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 1 de outubro de 2014. 
  2. Hayes, William K.; Robert X. Barry; Zeko McKenzie; Patricia Barry (2004). "Grand Bahama’s Brown-headed Nuthatch: A Distinct and Endangered Species" (PDF). Bahamas Journal of Science 12 (1): 21–28. 
  3. "Brown-headed Nuthatch". The Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  4. "Sitta pusilla Latham, 1790". ITIS. Consultado o 2 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]