Saltar ao contido

Cercos de Zaragoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sitios de Zaragoza»)
Cercos de Zaragoza
Guerra da Independencia Española Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
Datas
 Data de comezo
15 de xuño de 1808 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
20 de febreiro de 1809 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Participantes
Localización
 Localización
 País
 Coordenadas
Wikidata C:Commons

Os cercos de Zaragoza foron dous asedios sufridos pola cidade aragonesa de Zaragoza durante a guerra da Independencia, que enfrontou aos exércitos de ocupación do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte e a forzas españolas leais á dinastía Borbón.

A praza era clave para garantir as comunicacións do nordés e o abastecemento das tropas en Cataluña, así como para controlar Aragón. Por iso, tras a sublevación da cidade a consecuencia dos sucesos do 2 de maio de 1808, enviouse a un exército para restablecer o control da cidade. Aínda que as tropas francesas eran superiores en número e armamento, a cidade resistiu.

Asalto das tropas francesas ao mosteiro de Santa Engracia o 8 de febreiro de 1809 pintado por Lejeune.

Con todo, a finais de ano, os franceses regresaron en maior número, renovándose o cerco. A pesar da feroz resistencia da cidade, inmortalizada por varios cronistas, a cidade, decimada pola guerra e as epidemias derivadas do cerco, capituló finalmente o 21 de febreiro de 1809.

Os cercos de Zaragoza foron un dos acontecementos máis representativos da guerra de Independencia, legando un gran número de heroes e lendas á tradición popular, e sendo fonte de inspiración para varios escritores.