Saltar ao contido

Sistema do Tratado Antártico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artigo principal: Antártida.
Tratado Antártico
Logo do Tratado Antártico
Tratado internacionalTratado
Data1 de decembro de 1959
Promulgación23 de xuño de 1961
TextoTratado Antártico
Linguainglés, francés, ruso, castelán
Atopado enWashington, D.C., Estados Unidos
LocalizaciónSecretaria do Tratado Antártico
AutoresConferencia de Washington sobre a Antártida
Signatarios12 Estados orixinais: Arxentina, Australia, Bélxica, Chile, Estados Unidos, Francia, Reino Unido, Noruega, Nova Zelandia, Suráfrica, Unión Soviética, Xapón
FunciónRegular as actividades en e sobre a Antártida, fomentar a cooperación científica internacional e preservar a rexión para fins pacíficos.
ÁmbitoSur do paralelo 60º S
Notas
Foi o primeiro tratado de control de armas establecido durante a Guerra Fría.

O Sistema do Tratado Antártico (ATS, Antartic Treaty System) é un conxunto de acordos sobre o continente da Antártida.

Foi asinado en 1959 e entrou en vigor en 1961. Fois subscrito orinalmente por doce Estados-nación. Até o momento, foi asinado por 48 países.[1]

Propósitos

[editar | editar a fonte]

O Sistema do Tratado Antártico úsase para gobernar o continente en todos os seus aspectos. A idea principal do ATS é asegurarse de que o continente antártico sexa:

  • usado pacificamente, coidado e protexido.
  • libre de explotación e non se utilice para a caza de animais.
  • zona non militarizada, a non ser que a presenza militar sexa con fins pacíficos.
  • libre de ser propiedade dun grupo, país ou Estado.
  • libre de estar gobernada por calquera país e/ou continente.
  • libre de ser usada para calquera fin ou medio violento, por exemplo, para probar mísiles nucleares.
  1. "Antarctic Treaty". www.ats.aq. Consultado o 2024-07-22. 

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.