Simen Agdestein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Simen Agdestein
Simen Agdestein.jpg
Información persoal
Nacemento 15 de maio de 1967
  Asker
Nacionalidade Noruega
Altura 1.88 m.
Posición dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984-1992 Lyn[1] 92 (37)
Selección nacional
1988-1989 Noruega 8 (1)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Simen Agdestein, nado en Asker o 15 de maio de 1967, é un ex-futbolista, xadrecesista e escritor noruegués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Agdestein converteuse en campión nacional de xadrez con quince anos e era mestre internacional con dezaseis e aos dezaoito xa era gran mestre. Dominou regularmente os campionatos noruegueses e nórdicos na segunda metade da década de 1980. En competición internacional, acabou segundo no Campionato do Mundo Xuvenil de 1986 detrás de Walter Arencibia pero por diante de Evgeny Bareev, Viswanathan Anand e mais Jeroen Piket. Un pouco máis tarde, o seu índice Elo superou os 2600 puntos.

Combinou a práctica do xadrez co fútbol profesional.[2] A principios da década de 1990 unha lesión no xeonllo puxo fin á súa actividade futbolística. En 1999, Agdestein volveu á competición internacional de xadrez, gañando o tornedo da Illa de Man en 2003.[3] En 2013 logrou dúas vitorias ao gañar o Open Sant Martí en Barcelona e o Memorial Internacional de Oslo Håvard Vederhus.[4][5]

Agdestein representou ao seu país sete veces nas Olimpíadas de xadrez e gañou unha medalla de ouro individual na súa primeira aparición en 1982.[6] Traballa na academia deportiva Norges Toppidrettsgymnas, onde ensina xadrez e fútbol. Foi adestrador de xadrez de moitos talentos novos, como o campión mundial Magnus Carlsen. É autor de varios libros de xadrez en noruegués e dunha biografía de Magnus Carlsen que publicou primeiro en inglés traducida por Jonathan Tisdall.[7]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Sjakkleksjoner med Simen Agdestein (1987)
  • GATT, u-landene og miljøet : rapport fra en konferanse i Oslo 20. og 21. oktober 1994 (1994)
  • Regionalt samarbeid versus apartheid : SADCC-landenes bestrebelser på å redusere transportavhengigheten til Sør-Afrika på 1980-tallet (1995)
  • Simens sjakkbok (1997)
  • Et hefte om internasjonalisering (1998)
  • Den unge sjakkspiller (2001)
  • Sjakk: Fra første trekk til sjakkmatt (2002)
  • Wonderboy : how Magnus Carlsen became the youngest chess grandmaster in the world : the story and the games (2004) (a versión orixinal publicouse en 2005 co título de Sjakkvidunder : hvordan Magnus Carlsen ble verdens yngste stormester : partiene og historien)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lyn statistics
  2. Norway - International Players - Landslaget
  3. "Agdestein nets a winner". The Telegraph. 8 de outubro de 2003. 
  4. "Simen (46) vant storturnering i Spania". Nettavisen. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2013. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  5. "Han spiller som han var 23 år!". Nettavisen. [Ligazón morta]
  6. Olimpbase records
  7. Limiar de Sjakkvidunder : hvordan Magnus Carlsen ble verdens yngste stormester : partiene og historien