Simbu
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Reinos da Commonwealth | Papúa-Nova Guinea | ||||
| Capital | Kundiawa | ||||
| Contén a división administrativa | Chuave District (en) Gumine District (en) Karimui-Nomane District (en) Kerowagi District (en) Kundiawa-Gembogl District (en) Sina Sina-Yonggomugl District (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 376.473 | ||||
| Lingua usada | Kuman (en) Língua dadibi (pt) Chuave (en) Dom (en) Wahgi (en) Pawaia (en) Salt-Yui (en) Golin (en) Gimi (en) Siane (en) Sinasina (en) Nomane (en) Kandawo (en) North Wahgi (en) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Região das Terras Altas (pt) | ||||
| Superficie | 6.134 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1966 | ||||
| ISO 3166-2 | PG-CPK | ||||
A Provincia de Simbu, tamén chamada Chimbu, é unha das provincias da Papúa-Nova Guinea. A capital é a cidade de Kundiawa. Cunha área de 6.100 km² posúe unha poboación de 259.703 habitantes (2000), dando unha densidade de poboación de 42,6 habitantes por quilómetro cadrado. O Monte Wilhelm, o punto máis elevado de Papúa-Nova Guinea, áchase nos límites de Simbu.
Simbu, dito Sipuuuu no dialecto local, significa "grazas". Esta provincia encóntrase na cordilleira central das Terras Altas de Papúa-Nova Guinea. Comparte fronteiras xeográficas con cinco provincias: Occidente, Eastern Highlands, Southern Highlands, Golfo e Madang.
Simbu é unha provincia con recursos naturais limitados e o terreo é montañoso e moi accidentado. O progreso económico da provincia é menos destacable que o doutras. É unha fonte importante de café.
Hai tres escolas secundarias na provincia: a Escola Secundaria Kondiu Rosary, a Escola Secundaria Yauwe Moses e a Escola Secundaria Kerowagi.
Distritos
[editar | editar a fonte]Esta provincia fracciónase en varios distritos:
- Chauve
- Gumine
- Karimui-Nomane
- Kerowagi
- Kundiawa-Gembogl
- Sina Sina-Yonggomugl
