Silvia Bardelás
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de febreiro de 1967 Vigo |
| Educación | Universidade Nacional de Educación a Distancia |
| Director de tese | Jordi Claramonte (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora |
Silvia Bardelás Álvarez, nada en Vigo o 25 de febreiro de 1967, é unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2015 doutorouse en Filosofía pola UNED coa tese Teoría de la novela, dirixida por Jordi Claramonte Arrufat. Centrou os seus estudos de posgrao na Estética aplicada á literatura. Traduce do alemán, inglés e portugués, colabora en distintas editoriais e coordina premios literarios. Ensina Creación Literaria en distintos centros e dirixe o blog literario El lector perdido. É directora de publicacións en De Conatus e profesora de creación literaria na UNED.
Aínda que non reside habitualmente en Galicia, o galego é a súa lingua literaria.
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- As Médulas (2010). Barbantesa. Foi traducida ao castelán.[1] 244 páxs. ISBN 9788493733025.
- Unha troita de pé (2011). Ed. Barbantesa. ISBN 978-8493885946.
- Destempo (2021). Ed. Barbantesa. Foi traducida ao castelán.[2] 230 páxs. ISBN 978-8494550133.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Las médulas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-27.
- ↑ "Destiempo". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web de Silvia BardelásArquivado 30 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
- Ficha en De Conatus
- Entrevista en Galicia Hoxe Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.