Sikorsky S-70

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sikorsky S-70
Sikorsky S 70A Firehawk (cropped).jpg
Tipohelicóptero de transporte medio/utilitario
FabricanteSikorsky Aircraft
Turkish Aerospace Industries (baixo licenza)
Primeiro voooutubro de 1974
Introducido1979
Estadoen servizo
Produciónanos 70 - presente
VariantesSikorsky UH-60 Black Hawk
Sikorsky SH-60 Seahawk
Sikorsky HH-60 Pave Hawk
Sikorsky HH-60 Jayhawk
Mitsubishi H-60

O Sikorsky S-70 é unha familia de helicópteros medios de transporte e utilitarios estadounidenses fabricados por Sikorsky Aircraft. Desenvolveuse para o exército dos Estados Unidos nos anos 70, gañando unha competición para ser designado o UH-60 Black Hawk e creando unha gran familia para as forzas armadas do país. Dende entón desenvolvéronse versións novas e melloradas do UH-60. Versións civís e algunhas militares continúan fabricándose baixo algunhas designación do modelo S-70.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A familia S-70 desenvolveuse para satisfacer un requerimento do exército dos Estados Unidos para substituír a familia UH-1 Iroquois de helicópteros utilitarios medios en 1972. Construíronse tres prototipos do YUH-60A, voando o primeiro en outubro de 1974. O modelo competía contra o Boeing-Vertol YUH-61A e finalmente foi seleccionado para ser producido, entrando en servizo como o UH-60A Black Hawk en 1979.[1]

Tras entrar en servizo o helicóptero foi modificado para novas misións e roles, como a colocación de minas e a evacuación médica. A variante EH-60 desenvolveuse para a guerra electrónica e a MH-60 para o apoio de misións de operacións especiais.[2] A finais dos anos 80 o modelo actualizouse á versión UH-60L, que tiña máis potencia coa instalación da variante -701C do motor GE T700. O mellorado UH-60M desenvolveuse a principios dos 2000,[1] e xunto coa súa versión internacional, o S-70i, ten navegación GPS, unha cabina de cristal, un sistema de xestión de voo integrado, e unha significativa mellora na potencia e capacidade de carga.

O S-70 pode realizar gran variedade de misións, incluídas cabalería aérea, guerra electrónica e evacuación médica. Tamén se usa para o transporte do Presidente dos Estados Unidos baixo o código "Marine One". En operacións de asalto pode levar un escuadrón de 11 homes co seu equipamento ou levar o canón de 105 mm M102, trinta pezas de munición, e unha dotación de seis homes. De forma alternativa porde transportar 1 200 kg de carga ou levar colgados 4 100 kg. O S-70 está equipado con aviónica e electrónica avanzada, como o Global Positioning System.

A Armada dos Estados Unidos recibiu o primeiro SH-60B Seahawk navalizado no ano 1983, e o SH-60F Ocean Hawk en 1988.

O HH-60G Pave Hawk é unha versión moi modificada do S-70, deseñada principalmente para recuperar tripulacións derrubadas ou persoal illado durante a guerra. Está equipado cun guindastre cun cable de 76 m e unha capacidade de carga de 270 kg, e unha sonda de repostaxe en voo retractable. A Forza Aérea dos Estados Unidos recibiu o MH-60G Pave Hawk en 1982.

A Garda Costeira dos Estados Unidos comezou a operar o HH-60J Jayhawk en 1992. Esta variante utiliza o equipamento do HH-60G Pave Hawk na plataforma navalizada SH-60.[3]

O S-70A Firehawk é unha versión do S-70 deseñado para a loita contra incendios, o rescate, a evacuación médica, e a e elevación externa de carga e equipos voluminosos. A Garda Nacional de Oregón foi a primeira organización militar do mundo en engadir o Firehawk ao seu inventario; o departament de bombairos do condado dos Ánxeles foi a primeira organización municipal en usalo.[4]

O exército estadounidense opera modelos de evacuación médica configurados como suites médicas con ás rotativas. Tamén usa o S-70 para operacións especiais no 160th Special Operations Aviation Regiment ("Night Stalkers") en Fort Campbell, Kentucky, designado como MH-60K.

O Maple Hawk foi unha variante ofrecido á forzas armadas do Canadá nun concurso en 1996 para substituír os seus helicópteros de busca e rescate.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bishop, Chris. (2008). Sikorsky UH-60 Black Hawk. Oxford: Osprey. ISBN 978-1-84176-852-6. OCLC 144228082. 
  2. Tomajczyk (2003), pp. 15–29
  3. "The US Navy -- Fact File: SH-60 Sea Hawk helicopter". web.archive.org. 2018-04-23. Consultado o 2020-12-05. 
  4. "Sikorsky FIREHAWK® Helicopter". Lockheed Martin. Consultado o 2020-12-05. 
  5. "Canada orders review of SAR bidding". Flight Global. 2020-07-07. Consultado o 2020-12-05. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]