Saltar ao contido

Sikorsky HH-60 Pave Hawk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sikorsky HH-60 Pave Hawk
 Alcume
    Seahawk (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
H-60 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Uso
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/09pqd Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Sikorsky MH-60/HH-60 Pave Hawk é un helicóptero militar utilitario de tamaño medio, con catro pas e dous motores fabricado por Sikorsky Aircraft. É un derivado do UH-60 Black Hawk e incorpora o programa de sistemas electrónicos PAVE da Forza Aérea dos Estados Unidos. O HH-60/MH-60 é un membro da familia Sikorsky S-70.

A principal misión do MH-60G Pave Hawk é a inserción e recuperación de persoal de operacións especiais, mentres que o HH-60G céntrase na recuperación de persoal baixo condicións hostís, incluídas misións de busca e rescate de combate. As dúas versións poden realizar operacións diúrnas e nocturnas e ambientes hostís. Debido á súa versatilidade, o HH-60G pode realizar tamén operacións en tempos de paz, como busca e rescate civil, evacuacións médicas de emerxencia (MEDEVAC), actividades de socorro en casos de catástrofes, axuda internacional e actividades contra o tráfico de drogas.

Os HH/MH-60G da USAF están en proceso de ser substituídos polo novo HH-60W Jolly Green II.