Sigfrido (banda deseñada)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sigfrido é o protagonista de La tetería del oso malayo, álbum de banda deseñada en branco e negro da autoría de David Rubín.

Sigfrido apareceu como personaxe por primeira vez en Detrás de la barra, unha historia breve publicada na revista Dos veces breve, no seu número 3, en maio de 2004.

O personaxe[editar | editar a fonte]

Sigfrido é un oso malaio que rexenta unha tetería que, en realidade, é un "consultorio psico-anímico" (nas súas propias palabras) por onde van pasando distintos superheroes retirados e vítimas de desamor.

El mesmo, Sigfrido, é unha vítima do desamor. Así o conta na historia La luciérnaga, publicada por primeira vez en Dos veces breve, no seu número 4. Namorado de Miriam grazas á axuda dun vagalume, todo marchaba ben nas súas vidas e agardaban un fillo. Pero Miriam, cun avanzado embarazo, caeu polas escaleiras diante dos ollos de Sigfrido, e perdeu o fillo. A partir de aí todo muda para eles, e Miriam acaba marchando coa súa tristura e deixando só a Sigfrido, que monta a tetería.