Saltar ao contido

Sigfrid Edström

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSigfrid Edström

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de novembro de 1870 Editar o valor en Wikidata
Orust, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte18 de marzo de 1964 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHovdestalund cemetery (en) Traducir, Kv. 02 41:006 59°37′57″N 16°30′42″L / 59.632485, 16.511778 Editar o valor en Wikidata
Presidente do Comité Olímpico Internacional
1942 – 1952
← Henri de Baillet-LatourAvery Brundage (pt) Traducir →
World Athletics President (en) Traducir
17 de xullo de 1912 – 1946
← sen valor – David Cecil → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Tecnolóxica de Chalmers Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, político, atleta, empresario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorASEA (en) Traducir (1903–1949) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRuth Randall Edström (1899–1944), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosBjörn Edström Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteVem är det 1918 (en) Traducir, (sec:Edström, Johannes Sigfrid, p.86)
Vem är det 1925 (en) Traducir, (sec:Edström, Johannes Sigfrid, p.170)
Vem är det 1943 (en) Traducir, (sec:Edström, Johannes Sigfrid, p.190) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Edström-144
J. Sigfrid Edström na portada de Hvar 8 Dag (1908).

Johannes Sigfrid Edström, nado o 21 de novembro de 1870 en Morlanda e finado o 18 de marzo de 1964 en Estocolmo, foi un enxeñeiro, industrial e dirixente deportivo sueco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Sigfrid Edström, coa súa dona Ruth Randall Edström, a finais da década de 1930.

Sigfrid Edström era fillo do capitán da mariña mercante Martin Edström e de Charlotta Edström. Sigfrid graduouse en 1891 na Universidade Técnica Chalmers e continou logo os seus estudos no Instituto Técnico Federal de Zürich. Traballou en varias plantas eléctricas e entre 1897 e 1900 foi enxeñeiro dos tranvías de Zürich. Logo volveu a Suecia e foi director dos tranvías de Gotemburgo (1900-1903), e o encargado da súa electrificación. Foi director xeral da compañía eléctrica ASEA (1903-1933) e presidente do seu consello de administración (1934-1949). De 1904 a 1922 foi asemade concelleiro de Västerås. Foi un dos fundadores da Sveriges Industriförbund en 1910, e o seu presidente (1928-1929) e presidente desde a súa fundación en 1918 da Elektroindustriföreningen. Tamén participou na creación da Cámara de Comercio Internacional en 1919 e foi o seu presidente de 1939 a 1945.

De 1916 a 1939 foi presidente da Sveriges verkstadsförening e presidente da patronal Svenska Arbetsgivareföreningen (1931-42), e como tal foi un dos rsponsables da sinatura do Acordo de Saltsjôbaden cos sindicatos en 1938 que se converteu en modelo para outros acordos semellantes e que aínda está en vigor.[1]

Afervoado defensor do deporte afeccionado[2], foi membro do Comité Olímpico Internacional (1920-1952), vicepresidente desde 1937 e desde a morte de Henri de Baillet-Latour actuou como o máximo dirixente de facto do COI, tentando grazas á neutralidade de Suecia manter vivo o olimpismo[3] e o seu presidente entre 1946 e 1952, encargado de reconstruír o movemento olímpico despois da guerra.[4] Tamén foi un dos organizadores dos Xogos Olímpicos de 1912 e quen ideou o establecemento da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo[5] e o seu primeiro presidente (1913-1946). Estivo entre os fundadores da Confederación de Deportes de Suecia en 1903 e do Comité Olímpico Sueco en 1913.[6]

Edström pertenceu desde 1925 da Real Academia Sueca de Ciencias da Enxeñaría.[7]

  1. Huvudavtalet. Landsorganisationen i Sverige, 11 de setembro de 2012
  2. Matthew P Llewellyn e John Gleaves (2016) The Rise and Fall of Olympic Amateurism. University of Illinois Press, 2016, 280 pp.
  3. John Grasso, Bill Mallon, e Jeroen Heijmans (2015)Historical Dictionary of the Olympic Movement 5ª ed. Rowman & Littlefield, p. 171
  4. John E. Findling e Kimberly D. Pelle (1996) Historical Dictionary of the Modern Olympic Movement Greenwood Publishing Group, p. 364
  5. Pierre Lagrue e Serge Laget (2015) Le Siècle olympique. Les Jeux et l'Histoire (Athènes, 1896-Londres, 2012). Encyclopaedia Universalis
  6. Singrid Edström no Grupo de investigación de historia deportiva Arquivado 17 de setembro de 2016 en Wayback Machine. da Gymnastik- och idrottshögskolan
  7. Edström, J. Sigfrid no Nordisk familjebok (suplemento de 1926)


Predecesor:
Henri de Baillet-Latour
 Presidente do COI 
1942 - 1946 (de facto)

1946 - 1952 (de iure)

Sucesor:
Avery Brundage