Orust
Coordenadas: 58°14′N 11°41′L / 58.233, -11.683
Concello de Orust Orusts kommun | |
![]() | |
Casa do concello | |
![]() | |
Escudo | |
País | ![]() |
Landskap | Bohuslän |
Condado | Västra Götaland |
Capital | Henån |
Área e poboación | |
Poboación | 15 444 habitantes |
Censo | 2022 |
Área | 883,3 km² |
Densidade | 39,96 hab./km² |
Mapa | |
![]() | |
Outros datos | |
Web | orust.se |
Orust é un concello sueco no condado de Västra Götaland.[1] A súa capital é a localidade de Henån. En setembro do ano 2022 o municipio tiña unha poboación de 15 444 habitantes.[2]
O concello esta composto pola illa de Orust, onde vive a meirande parte dos seus habitantes, e moitas outras illas e illotes pequenos que a rodean, algúns deles habitados como Flatön, Lyrön, Härmanö, Gullholmen, Käringön e Malö.
O municipio esta situado no Skagerrak e no centro do landskap de Bohuslän, co concello de Lysekil ao norte e o de Uddevalla ao nordés. Ao sueste do concello atópase o municipio de Stenungsund, e ao sur o de Tjörn. O municipio está separado da Suecia continental (fastlandet) polos fiordes Björnsundsfjorden e Kalvöfjord ao norte e polo de Havstensfjorden ao leste. No sur está separada da illa de Tjörn polo Stigfjorden.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2023-01-01.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 3, 2022". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2023-01-01.