Siddheshwari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Siddheshwari
Ficha técnica
Título orixinalसिद्देश्वरी
DirectorMani Kaul
ProdutorFilms Division
GuiónMani Kaul
IntérpretesMeeta Vashisht
Muhar Biswas
Ranjana Srivastava
Shravani Mukherjee
FotografíaPiyush Shah
MontaxeLalitha Krishna
Estrea1989
Galicia 20 de abril de 2021 (CGAI)
Duración123 minutos (versión sen cortes), 92 minutos (con cortes)
OrixeIndia India
XéneroDocumental

Siddheshwari (en hindi: सिद्देश्वरी) é un filme documental indio de 1989 dirixido por Mani Kaul. É un retrato cinematográfico de Siddheshwari Devi, unha cantante hindustana de música clásica orixinaria de Benarés, na India.[1] Foi producido pola Films Division of India. O filme foi galardoado co Premio Nacional ó mellor documental dese mesmo ano na India.[2]

Estreouse subtitulado en galego o 20 de abril de 2021, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña).[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Mita Vasisht como Siddheshwari
  • Muhar Biswas como Siddeshwari de nena
  • Ranjana Srivastava como Rajeshwari Devi
  • Shravani Mukherjee como Kamala
  • Pandit Narayan Misra como Siyaji Maharaj

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Siddheshwari". IMDb. Consultado o 2 de xullo de 2015. 
  2. "111th Edition – Mani Kaul’s Siddheshwari". Films Division. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2015. Consultado o 2 de xullo de 2015. 
  3. cgai.xunta.gal (ed.). "Siddheshwari no Centro Galego de Artes da Imaxe". Consultado o 27 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]