Shinzen Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shinzen Young (真善 Shinzen?) é un mestre estadounidense de meditación Vipassana. Aínda que o Vipassana é tradicionalmente unha técnica Theravāda, Shinzen foi ordenado no Xapón como monxe na tradición Shingon. Ademais, adicouse ao estudo e á práctica exhaustiva doutras tradicións, coma o Zen, Lakota Sioux e o Xamanismo.

Shinzen ensinou filosofía no Chapman College e relixión, física e matemáticas no Ernest Holmes College. Shinzen adoita empregar conceptos matemáticos ou científicos para ilustrar os conceptos abstractos da meditación.

Libros[editar | editar a fonte]

  • Break Through Pain: A Step-by-Step Mindfulness Meditation Program for Transforming Chronic and Acute Pain (2006) ISBN 1-59179-199-5
  • Emotional Healing through Mindfulness Meditation: Stories and Meditations for Women Seeking Wholeness (2002) ISBN 0-89281-998-7
  • The Beginner's Guide to Meditation (2002) ISBN 1-56455-971-8

Audios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]