Shingeki no Kyojin (anime)
Aparencia
Shingeki no Kyojin (進撃の巨人?) é unha serie anime xaponesa, unha adaptación do manga homónimo creado por Hajime Isayama. Está ambientado nun mundo onde a humanidade vive dentro de cidades arrodeadas por xigantescos muros por mor dos Titáns, enormes seres humanoides que devoran humanos sen unha razón aparente. A historia conta as aventuras de Eren Yeager e os seus amigos Mikasa Ackerman e Armin Arlert, cuxas vidas cambian para sempre despois de que un Titán Colosal rompe o muro da cidade onde viven. Xurando vingarse e querendo recuperar o mundo ocupado polos Titáns, Eren e os seus amigos únense á Unidade de Recoñecemento,[1] un grupo de soldados de elite que loita contra os Titáns.
Episodios
[editar | editar a fonte]Tempada | Episodios | Emisión orixinal | ||
---|---|---|---|---|
Inicio | Final | |||
1 | 25 | 7 de abril de 2013 | 29 de setembro de 2013 | |
2 | 12 | 1 de abril de 2017 | 17 de xuño de 2017 | |
3 | 22 | 23 de xullo de 2018 | 1 de xullo de 2019 | |
4 | *28 (até o 4 de abril de 2022) |
7 de decembro de 2020 | 2023[2] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ferreira, Mike (14 de xaneiro de 2014). "Attack on Titan's Netflix Debut Hit by Translation Woes". Anime Herald. Consultado o 16 de xuño de 2014.
- ↑ Loo, Egan (3 de abril de 2022). "Attack on Titan The Final Season Anime's 'Conclusion' to Air in 2023". Anime News Network. Consultado o 3 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en xaponés)
- Shingeki no Kyojin na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)