Saltar ao contido

Shiatsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os practicantes de shiatsu cren que o fluxo de enerxía a través das liñas dos meridianos ten unha profunda influencia na saúde da persoa.

O shiatsu (kanji: 指圧; hiragana: しあつ, do xaponés xi, dedo, e atsu, presión; presión cos dedos) é un tipo de medicina alternativa creada no século XX por Tokujirō Namikoshi (1905-2000) no Xapón.[1] Non hai ningunha evidencia da súa efectividade.[2]

Hai dúas escolas principais de shiatsu. Unha que se basea na teoría anatómica e fisiolóxica occidental, e outra que se basea na medicina tradicional chinesa. O shiatsu está regulado como terapia médica no Xapón (polo Ministerio de Saúde e Benestar Social),[3] e noutros países por diversos órganos de goberno creados polos profesionais desta especialidade.[3][4][5]

O shiatsu é unha práctica en evolución, e os seus estilos diversos incorporan (en diferentes graos) os aspectos da masaxe tradicional xaponesa, a medicina tradicional chinesa, e a anatomía e a fisioloxía occidentais.

  1. Singh, Simon; Ernst, Edzard (6 de outubro de 2009). Trick or Treatment?: Alternative Medicine on Trial (en inglés). Transworld. p. 148. ISBN 978-1-4090-8180-7. 
  2. Cancer Research UK (ed.). "Shiatsu" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Anderson, Sandra K. (2008). The Practice of Shiatsu. Mosby Elsevier. p. 12. ISBN 978-0-323-04580-3. 
  4. Stillerman, Elaine (2009). Modalities for Massage and Bodywork. Mosby. pp. 281–300. ISBN 032305255X. 
  5. Jarmey, Chris; Mojay, Gabriel (1991). Shiatsu: The Complete Guide. Thorsons. pp. 6. ISBN 9780722522431. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]