Sherlock Holmes Baffled (literalmente, Sherlock Holmes perplexo) é unha curtametraxeestadounidense de cine mudo en branco e negro dirixido por Arthur Marvin en 1900 e estreada oficialmente en 1903. É a primeira adaptación cinematográfica coñecida do detective Sherlock Holmes, creado polo escritorbritánicoArthur Conan Doyle.[1] A inclusión da personaxe de Holmes fai que a obra sexa tamén o primeio filme de misterio coñecido.[1][2] No filme, un ladrón que pode aparecer e desaparecer a vontade, rouba unha serie de obxectos a Holmes e tódolos esforzos do detective por capturalo fracasan.[3]
Sherlock Holmes Baffled foi orixinariamente producida para mutoscopios en 1900, e rexistrouse 1903.[3] Só dura 30 segundos e non se coñece o nome dos actores. Considerada durante anos un filme perdido, foi redescuberto en 1968 grazas ós fotogramas impresos en papeis arquivados na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.
12McKuras, Julie (decembro de 2000). "100 Years Ago: Sherlock Holmes Baffled"(PDF). Friends of the Sherlock Holmes Collections Newsletter(en inglés) (Minneápolis: Friends of the Sherlock Holmes Collections, University of Minnesota Libraries) 4: 2. Consultado o 7-08-2010.