Shekvetili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaShekvetili
შეკვეთილი (ka) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 41°55′40″N 41°46′05″L / 41.9278, 41.7681Coordenadas: 41°55′40″N 41°46′05″L / 41.9278, 41.7681
EstadoXeorxia
Mkhare (pt) TraducirGuria (pt) Traducir
Lista (pt) TraducirOzurgeti Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación175 (2014) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua xeorxiana Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude2 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Shekvetili (en xeorxiano: შეკვეთილი) é unha vila costeira do leste do Mar Negro pertencente ao Concello de Ozurgueti, na rexión de Guria, Xeorxia. Atópase situada na boca do río Natanebi, aproximadamente a 45 km ao noroeste da capital axariana de Batumi.

Historia[editar | editar a fonte]

Shekvetili serviu de importante nexo comercial coa rexión suroccidental da rexión de Guria no século XVIII. Foi ocupada por forzas otomás en 1723 e pasou a posesión rusa en base ao tratado de Bucarest de 1812. Os turcos referíanse á vila como Shefketil, mentres que os rusos bautizárona como o Forte de San Nicolao.

Batalla de Limani (1829)[editar | editar a fonte]

Como punto fronteirizo a vila sufriu asiduos enfrontamentos durante as guerras ruso-turcas. Durante o conflito de 1828-1829 Shekvetili foi unha base rusa para a incursión na parte turca da rexión de Guria (Adjiara). Os rusos enlistaron a locais en Guria e coas forzas combinadas lograron asediar e destruír un forte otomán na vila de Limani, veciña a Shekvetili, o 5 de marzo de 1829.

Batalla de Shekvetili (1853)[editar | editar a fonte]

Batalla de Shekvetili (1853).

Durante a guerra de Crimea, na noite do 15–16 de outubro de 1853, unha forza otomá de entre 3 e 5 batallóns dirixida por Hasan e Ali Beys e Dede Ağa, nativos de Çürüksu, atacaron Shekvetili, fornecida por 2 compañías de infantaría rusa e 1 milicia de xeorxianos, dirixidos polo Capitán Shcherbakov. O forte foi capturado tras varias horas de batalla. Os xeorxianos musulmáns que deran a benvida aos batallóns otománs, pediron a retirada deses batallóns tras coñecer as baixas que causou o ataque. Preto de 1.000 mortos entre os defensores do forte, incluíndo o Capitán Shcherbakov e comandante da milicia xeorxiano Prince Giorgi Gurieli, así como 80 presos, mentres que os turcos perderon 32 mortos e 59 feridos. A batalla abriu a fronte do Caúcaso dentro da guerra de Crimea. [1]

Presente[editar | editar a fonte]

Dado o seu clima morno e quilómetros de praias, Shekvetili converteuse nun complexo turístico incluíndo hoteis de cinco estrelas desde o 2017 así como un dos parques de atraccións do país, Tsitsinatela, e un parque de marionetas, o Xeorxia en Miniatura.[2][3]

Diversas críticas ecoloxistas se dixiron ao Primeiro Ministro de Xeorxia, Bidzina Ivanishvili, veciño da vila, que promoveu a construción do Parque Dendrolóxico de Shekvetili, para o cal se transplantaron milleiros de árbores, non cun deseño que pretendese cultivalos en local, sistemas de irrigación artificiais e onde se substituíron especies locais por árbores perennes.[4]

As praias de Shekvetili contan con area fina en lugar de croios máis grandes que é o común nas praias do Mar negro, o que fai a vila un destino turístico e en tempos soviéticos un punto de extracción de magnetita para a industria metalúrxica e balnearios, onde se popularizaba supostos beneficios para a saúde da area das súas praias.

Transporte[editar | editar a fonte]

Non hai opcións públicas de transporte. Todo o tráfico se sostén co privado da autoestrada E70 e hai servizos de bus, de empresas privadas, entre Kutaisi e Batumi conectando a vila.

Imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]