Shamisen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Gueixa de Toquio co shamisen, c. 1870s
Kitagawa Utamaro, c. 1880
Home tocando o shamisen mentres o outro canta
Shamisen acompañando a voces tradicionais, e un solo. (son)

O shamisen ou samisen (三味線?, literalmente "tres cordas"), tamén chamado sangen (三絃?, tamén "tres cordas"), é un instrumento tradicional xaponés tocado cun plectrum chamado bachi. A pronunciación en xaponés é "shamisen", pero ás veces é "jamisen" cando é sufixo (por exemplo: Tsugaru-jamisen).[1] No oeste do Xapón e nas fontes do período Edo chámaselle "samisen."

Construción[editar | editar a fonte]

O shamisen é un instrumento de corda pulsada. A súa construción segue un modelo semellante ó dunha guitarra ou banjo, empregando un pescozo e coas cordas estiradas ó longo dun corpo de resonancia. O pescozo do shamisen ofrece menos rozamento e é máis delgado que o dunha guitarra ou banjo. O seu corpo, chamado (?), aseméllase a un tambor, cun interior oco e unha pel tensada cara os extremos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Stringed Instrument Database". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2014. Consultado o 01 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]