Seyðisfjörður

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Seyðisfjörður, salto de auga. Maio 2014.

Seyðisfjörður é unha vila situada en Islandia. Ten aproximadamente uns 663 habitantes censados.[1]

Está emprazada nos fiordes da costa oriental islandesa, a 27 km de Egilsstaðir. Popular polas súas coridas edificacións, tres cadeas montañosas flanquean a vila e cobren os arredores con multitude de saltos de auga que caen desde o rìo Fjardara. Considerada como unha vila estudantil, contén unha comunidade internacional resaltábel de artistas, músicos e artesáns.[2]

Clima[editar | editar a fonte]

Ten un clima considerado de tundra. Frío durante a maior parte do ano, a media aproxímase aos 3.4 °C. Nun ano a chuvia media é de 1267 mm.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A vila, seguindo o patrón xeral no país, atopa as súas orixes en asentamentos comerciais daneses durante o século XIX. A peculiaridade na historia de Seyðisfjörður atópase na chegada de pescadores noruegueses entre 1870-1900. Os noruegueses construíron abundantes almacéns de peixe ao estilo do seu país, o que disparou a actividade da pequena comunidade nos anos vindeiros.


Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]