Severino Pellit Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Oroso, España |
Morte | 11 de abril de 1950 (50/51 anos) México |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | veterinario , político |
Lingua | Lingua castelá |
Severino Pellit Varela, nado en Oroso en 1899 e finado en México o 11 de abril de 1950, foi un veterinario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Veterinario casado en Ordes, foi Inspector de Sanidade e Hixiene Pecuaria en Santiago de Compostela. Foi secretario do Partido Republicano Radical Socialista en Compostela e secretario do Comité Provincial. Despois pasou a militar en Unión Republicana, da que foi nomeado secretario xeral do grupo de Compostela en xaneiro de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado en Compostela por rebelión e declarado en rebeldía. Foi sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas e inhabilitado. Afiliouse ao PSOE durante a Guerra Civil, sendo xefe de servizos no control de produtos alimenticios da Cámara de Comercio na Embaixada Republicana en París. Coa derrota da República exiliouse en Francia e despois trasladouse a México a bordo do De Grasse en maio de 1940. Fixo amizade con Elixio Rodríguez e colaborou en Saudade. Verba Galega nas Américas. Finou en México o 11 de abril de 1950.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Santiago de Compostela coa mestra María Rosina Padín Guerra o 16 de xullo de 1924,[3] e foi pai de José Ignacio, Severino e Rosina Pellit Padín.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Lamela García, Luis (2005). Do Castro, ed. 1936, la Cruzada en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada. p. 302. ISBN 84-8485-186-9.