Sesostris III
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XX a. C. |
| Morte | 1842 a. C. |
| Lugar de sepultura | Pyramid of Senusret III (en) |
| Faraón | |
| 1872 a. C. – 1853 a. C. ← Senuseret II (pt) | |
Título real no antigo Exipto
| |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período | Imperio Medio de Exipto e XII dinastía exipcia |
| Outro | |
| Título | Faraón |
| Familia | XII dinastía exipcia |
| Cónxuxe | Meretseger Khenemetneferhedjet II Neferthenut Sithathoriunet |
| Fillos | Amenemhat III ( |
| Pais | Senuseret II |
| Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Tabela de Saqqara |
Sesostris III (1878 adC.-1841 adC.). Fillo de Sesostris II. Faraón que levou ao Imperio Medio á súa máxima expansión territorial. Tamén é coñecido co nome de Iakaura ou Senurset.
Reformas
[editar | editar a fonte]Gran reformador, culminou unha política centralizadora facendo desaparecer o poder dos monarcas, dividindo o pais en tres sectores (Alto, Medio e Baixo). Estableceu unha estruturada burocracia, recrutando funcionarios dos escribas, de clase media, ampliando a base social do poder. Reorganizou os gremios co fin de racionalizar a vida socioeconómica. Abriu rotas comerciais cara ao Sinaí, Punt, Creta e Biblos. Comezou unha política de obras públicas coa construción de canles. Os seus derradeiros anos compartiu trono con Amenemhat III, seu fillo.
Campañas
[editar | editar a fonte]Emprendeu catro campañas contra Kush (Nubia) ata a súa total dominación, incluídas as importantes minas de ouro desa área. Construíu unha rede de fortes fluviais que facilitou o control militar a a consolidación da súa expansión. Combateu Siquem chegando a controlar o Sinaí e Palestina.
Mandou construír a Pirámide de Dashur de 105 metros de altura e outras sete pirámides adxacentes.