Sertab Erener
Sertab Erener | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de decembro de 1964 e 4 de abril de 1964 |
Lugar de nacemento | Istambul |
Nacionalidade | Turquía |
Alma máter | Işık Lisesi |
Ocupación | cantante, compositora e compositora de cancións |
Coñecida por | Satılık Kalpler Şehri, Everyway That I Can, Here I Am, İyileşiyorum, Zor Kadin, sen etiquetar, sen etiquetar, sen etiquetar, Sertab Erener, sen etiquetar, No Boundaries, sen etiquetar, sen etiquetar, Sade e sen etiquetar |
Na rede | |
http://www.sertab.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sertab Erener nada en Istambul o 4 de decembro de 1964, é unha cantante de música pop turca. Foi gañadora do Festival de Eurovisión de 2003, en Riga, Letonia, coa canción "Everyway That I Can".
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sertab estudou música na universidade da cidade antes de comezar a súa carreira musical a carón da estrela turca Sezen Aksu. Lanzou o seu primeiro álbum, Sakin Ol, no ano 1992 e a este seguírono outros catro en turco ó longo da década. O seu álbum Lâ'I foi incluído por Sony Music na súa colección Soundtrack For A Century (Banda Sonora para un Século).
Logo de competir sen éxito en dúas finais nacionais para participar no Festival de Eurovisión en 1989 e 1990, foi elixida de xeito interno no ano 2003 e gañou o certame dese ano coa canción "Everyway That I Can", co-escrita por Demir Demirkan. A canción acadou os número un da música arredor de toda Europa.
Tras o seu éxito de Eurovisión, Sertab lanzou en 2004 o seu primeiro disco en inglés chamado No Boundaries.
No ano 2005, participou no Congratulations: 50 Years of the Eurovision Song Contest, unha competición para elixir a mellor canción de Eurovisión de todos os tempos. A canción súa canción "'Every Way That I Can" rematou novena entre as quince participantes.
No ano 2009, Sertab Erener e Demir Demirkan crearon a banda Painted on Water[1], e lanzaron un álbum do mesmo nome nos EUA.
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
- Sakin Ol! (1992).
- La'l (1994).
- Sertab Gibi (1996).
- Sertab Erener (1999).
- Sertab (Internacional - 2000).
- Turuncu (2001).
- Sertab (Internacional con pistas extra - 2003).
- No Boundaries (2004).
- Aşk Ölmez (2005).
- Sertab Goes To The Club (2007).
- Paint on Water(2007).
Sinxelos[editar | editar a fonte]
- Zor Kadin (1999).
- Utanma (2000).
- Bu Yaz (2000).
- Yeni (2001).
- Every Way That I Can (2003 - Gañadora do Festival de Eurovisión).
- Here I Am (2003).
- I Believe (that I See Love in You) - (2004).
- Leave (2004)