Sermersooq
![]() | |
Reino | Dinamarca![]() |
País autónomo | Groenlandia![]() |
Cidade máis poboada | Nuuk (Godthåb) |
Superficie | 635.600 km² |
Poboación | 21 868 hab. (2013) |
Densidade de poboación | 0,04 hab./ km² |
Sermersooq (en groenlandés: Kommuneqarfik Sermersooq) é un municipio situado no sur e suroeste de Groenlandia (Dinamarca), operativo dende o 1 de xaneiro de 2009. Nel atópase a capital, Nuuk (antes chamada Godthåb). Sendo o municipio máis poboado do territorio, con 21.868 habitantes para 2013, foi creado coas antigas municipalidades de Ammassalik, Ittoqqortoormiit, (leste de Groenlandia) e Ivittuut, Nuuk e Paamiut (suroeste de Groenlandia).
Xeografía[editar | editar a fonte]
O municipio ocupa a parte sur e suroeste de Groenlandia e posúe unha superficie estimada en 635.600 km²,o que o fai o segundo municipio máis grande do territorio tras Qaasuitsup, estando no norte de Sermersooq. No extremo sur é flanqueado polo municipio de Kujalleq. As augas que flúen ó redor da costa occidental do municipio son as do Mar do Labrador, que se aproxima cara ao norte para formar o Estreito de Davis que separa a illa de Groenlandia da illa de Baffin no Canadá.
No noroeste, o municipio está bordeado polo municipio de Qeqqata, e máis ao norte polo municipio Qaasuitsup, No norte o municipio limita co Parque Nacional do nordés de Groenlandia, que non constitúe un municipio senón unha área non incorporada pertencente a Groenlandia, As costas do sueste están bordeadas polas augas do Estreito de Dinamarca, que separa a illa de Groenlandia, de Islandia.
Poboacións e asentamentos[editar | editar a fonte]
- Arsuk
- Ikkatteq
- Isortoq
- Itterajivit (Illukasiit/Kap Hope)
- Ittoqqortoormiit (Scoresbysund)
- Kangilinnguit (Grønnedal)
- Kapisillit
- Kulusuk (Kap Dan)
- Kuummiut
- Nuuk (Godthåb)
- Paamiut (Frederikshåb)
- Qeqertarsuatsiaat
- Sermiligaaq
- Tasiilaq (Ammassalik)
- Tiniteqilaaq
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sermersooq ![]() |