Qeqqata (en groenlandés: Qeqqata Kommunia) é un concello situado na costa oeste de Groenlandia, operativo dende o 1 de xaneiro de 2009. Recibe o seu nome pola súa localización na parte central e occidental do país.[1] En xaneiro de 2020 tiña unha poboación de 9378 habitantes.[2] A súa capital atópase na vila de Sisimiut.
Está formado pola zona anteriormente non incorporada de Kangerlussuaq, así como por dous antigos concellos do oeste de Groenlandia, Maniitsoq e Sisimiut.
No sur e leste, o municipio está arrodeado polo municipio de Sermersooq, aínda que os asentamentos e o comercio asociado concéntranse principalmente ao lado da costa. No norte, limita co concello de Qeqertalik. As augas da costa occidental son as do estreito de Davis, que separa Groenlandia da illa de Baffin. Cunha superficie de 115500 km²[3] é o terceiro municipio máis pequeno de Groenlandia.