Estreito de Dinamarca
Aparencia
Coord.: 67°N 24°O / 67, -24
| (is) Grænlandssund (da) Danmarksstrædet | |||||
| Tipo | estreito | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Dinamarca | ||||
| Parte de | océano Atlántico Norte GIUK gap (en) | ||||
| |||||
| Conéctase con | Mar de Groenlandia océano Atlántico Norte | ||||
| Historia | |||||
| Cronoloxía | |||||
| 24 de maio de 1941 | Batalla do estreito de Dinamarca | ||||
O estreito de Dinamarca (en dinamarqués: Danmarksstrædet, en islandés: Grænlandssund, cuxo significado literal é estreito de Groenlandia) é un estreito mariño que conecta o mar de Groenlandia co océano Atlántico, e que está localizado entre a costa suroriental de Groenlandia, ao noroeste, e a illa de Islandia, ao sueste. A norueguesa illa de Jan Mayen está localizada ao nordés do estreito.
Este paso ten 480 km de longo e 290 km de ancho (de leste a oeste). A corrente mariña de Groenlandia oriental pasa a través do estreito transportando incebergs polo sur até o océano Atlántico.
Durante a segunda guerra mundial tivo lugar unha batalla neste lugar, a batalla do Estreito de Dinamarca, o 24 de maio de 1941.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estreito de Dinamarca |
