Sergio Sánchez Morán
Sergio Sánchez Morán | |
---|---|
![]() Sergio Sánchez Morán, debuxante e guionista de cómics na 34ª edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. | |
Nacemento | 1984 |
Lugar de nacemento | Reus |
Nacionalidade | España |
Ocupación | artista de banda deseñada |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sergio Sánchez Morán, nado en Reus en 1984, é un programador e debuxante de cómics catalán.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Morán comezou a editar o seu primeiro webcómic, ¡Eh, tío!, en abril de 2005.[2] Desde entón compaxinou continuar publicándoo ininterrompidamente con diversos proxectos, entre os que destaca guionizar o webcómic El Vosque a partir de 2009[3][1] e a sección da revista El Jueves "Anunciado en Televisión". Estes dous últimos proxectos así como unha das series de ¡Eh, tío! foron editados en papel como álbums recompilatorios.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Xavier Àgueda (septiembre de 2011). "Entrevista a Morán en Guía del cómic". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Autores invitados a Expocomic 2011". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Recensión en Animacomic 2013". Consultado o 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Catálogo en Todostuslibros.com". Consultado o 31 de xaneiro de 2015.