El Vosque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

El Vosque é un webcómic en español guionizado por Morán e debuxado por Laurielle.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira páxina de El Vosque foi publicada en internet o 10 de abril de 2009.[2] Desde entón, desenvolveuse a un ritmo aproximado dunha páxina semanal da historia principal, máis outra páxina, fóra da trama, dos chamados "Woodies". Trala súa publicación orixinal en internet, editáronse en papel os seis capítulos da serie[3][4], publicándose o sexto e último a finais do 2015[5].

Fue recoñecido co premio ó Mellor Webcómic naExpocómic de Madrid en 2012.[1][6]

A última páxina da historia principal publicouse o 29 de novembro de 2015.

Trama[editar | editar a fonte]

A trama desenvólvese no reino de El Vosque, habitado por toda clase de pobos, cada un deles dirixido por un rei. A historia comeza co asasinato do rei das árbores, o Olmo Vello. Dous gardas forestais (ou "madeiros") inician unha investigación para desenmascarar ao asasino e detelo.

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

  • Quent Nitrato, un dos "madeiros" e especialista en explosivos.
  • Calderilla Delicadelia, fada compañeira de Quent.
  • Cirano, o conselleiro real.
  • Amanda Kelva, elfa tradutora real.
  • Flora Minor, portavoz das árbores.
  • Acteea de Obligue, raíña das náiades.[7]

Capítulos[editar | editar a fonte]

  1. El Asesino de Árboles
  2. Cabezas Visibles
  3. ¡Voom!
  4. Naturaleza Salvaje
  5. El Otro Ejército
  6. Baile Sin Máscaras

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mariela González (2012). "Expocómic premia a El Vosque como mejor webcómic español". Consultado o 24 de febreiro de 2015. 
  2. "El Vosque: Archivo". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de febreiro de 2015. 
  3. "Presentación de Naturaleza Salvaje tomo 4º de El Vosque". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2015. Consultado o 24 de febreiro de 2015. 
  4. "El Vosque 5: El Otro Ejército". Consultado o 24 de febreiro de 2015. 
  5. "El Vosque #6.1 (Autoedición)". Whakoom (en castelán). Consultado o 2020-06-25. 
  6. Jordi T. Pardo (4 de xaneiro de 2013). "Webcómics y cómic digital: Lo Mejor de 2012". Consultado o 24 de febreiro de 2015. 
  7. "El Vosque, personajes". Consultado o 24 de febreiro de 2015.