Saltar ao contido

Sergio Rodríguez Pena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSergio Rodríguez Pena
Biografía
Nacemento2000 Editar o valor en Wikidata (23/24 anos)
A Bandeira, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5802276


Sergio Rodríguez Pena, nado na Bandeira (Silleda) no 2000, é un compositor galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sergio Rodríguez é oboísta e compositor. As súas obras e arranxos foron publicadas por editoriais como Dos Acordes, Asociación Nacial de Directores de Banda, Asociación de Fagotistas e Oboístas de España, Baton Music ou Grupo Beroly. Ademais, as súas composicións e adaptacións foron estreadas e tocadas en diferentes puntos de Europa e América, como Alemaña, Arxentina, Bélxica, Colombia, Estados Unidos, México ou Países Baixos. Gañou diferentes premios, como o primeiro premio no V Concurso Sintonía Romántica convocado polo IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín para alumnos de secundaria e bacharelato de toda España e o premio ex aequo no I Premio de Composición musical da Universidade de Santiago de Compostela pola súa obra Inferno, reflexión da Divina Comedia de Dante Alighieri[2] no ano 2017, o premio de finalista na sección primeira do XV Concurso Galego de Composición pola obra Sinfonietta No. 1 «Jakobsland» no 2022[3] e o primeiro premio na sección de dificultade media no XVI Concurso Galego de Composición pola obra Unha rapsodia galega no ano 2023[4], ambos concursos organizados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Desde o ano 2017 forma parte da Asociación Galega de Compositores[5].

Unha escolma das obras do autor:

  • Seis cadros para óboe só (2016)
  • Xanxo - Pasodobre (2016)
  • Zaizan - Pasodobre (2016)
  • Rosalía - Muiñeira (Composta con Xanxo Rei) [2016/Rev. 2018]
  • Capriccio Galaico (2016)
  • Sonata DasRodriguez - para dúas frautas traveseiras (2016/2017)
  • Alén, dous breves episodios sinfónicos (2017)
  • Inferno - reflexión sobre a Divina Comedia de Dante Alighieri (2017)
  • Escuadrian Overture (2017)
  • Muiñeira da Empanada (2017)
  • Ara Solis - para óboe solista e cuarteto de clarinetes (2017)
  • Poemas para Neira Vilas - para frauta e dous clarinetes (2017)
  • Samhain - Poema Sinfónico (2018)
  • Icía Rial - Pasodobre (2018)
  • Tres Imaxes para Fagot (2020)
  • Somos - para cuarteto de saxofóns (2020)
  • Navia Rial - Pasodobre (2021)
  • Sinfonietta No. 1 «Jakobsland» (2019/2022)
  • Tres Pezas para Saxofón Alto (2021/2022)
  • Elexía á morte do amor - para óboe e piano (2022)
  • Himno da Empanada - para banda, gaita e coro SATB (2023)
  • Imatges - homenatge a Joaquín Sorolla (2023)
  • Unha rapsodia galega (2023)
  1. Rodríguez Pena, Sergio. "Páxina dentro da web da AGC". 
  2. "I Premio de Composición Musical". Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela. 2017-05-23. Consultado o 2023-11-24. 
  3. Sabucedo, Iván Estévez. "Histórico de premios do Concurso Galego de Composición". FGBMP. Consultado o 2023-11-24. 
  4. "XVI Concurso Galego de Composición". FGBMP. Consultado o 2023-11-24. 
  5. "Asociación Galega de Compositores". www.asociaciongalegadecompositores.com. Consultado o 2023-11-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]