Sergio Luyk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sergio Luyk
Posición Aleiro
Altura 2,04 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 98 kg (216 lb)
Nacemento 20 de setembro de 1971
Madrid, España
Morte 30 de marzo de 2008 (36 anos)
Madrid, España
Carreira
Tempadas 19952001
Canteira Real Madrid
Universidade Saint John's
Internacional sub-21/sub-23
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
Puntos     1129 (5,8 pp)
Triplas     139 (43%)
Rebotes     498 (2,6 pp)
Premios
  • Ningún premio notable

Sergio Luyk Torre, nado o 20 de setembro de 1971 en Madrid e finado o 30 de marzo de 2008 aos 36 anos en Madrid, foi un xogador profesional de baloncesto español. Cunha estatura de 2,04 metros xogaba na posición de aleiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do coñecido ex xogador de baloncesto Clifford Luyk e da ex-modelo Paquita Torres, xurdiu da canteira do Real Madrid. Trasladouse a realizar os seus estudos superiores aos Estados Unidos, xogando no instituto University Heights Academy de Kentucky e posteriormente cinco tempadas no equipo da Universidade de Saint John's da NCAA.

En 1995 regresou e asinou co Fórum Valladolid da ACB, equipo co que xogou até 1998. Logo pasou polo Real Madrid, onde xogaría a tempada 1998-1999. O seu último club foi o Breogán de Lugo, no que xogou de 1999 a 2001, onde se converteu nun dos xogadores máis queridos polos seareiros. Retirouse do baloncesto profesional en 2001, aínda que posteriormente participou en partidos da selección de veteranos do Real Madrid.

Foi internacional coa selección de España nas categorías sub'21 e sub'23. Faleceu o 30 de marzo de 2008, aos 36 anos, vítima dun tumor cerebral. Sergio Luyk estudara Empresariais e tiña un máster en Negocios Internacionais, ao que se adicaba antes da súa morte. Foi parella sentimental da ferrolá Paula Vázquez.[1]

Equipos[editar | editar a fonte]

Nomeamentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]