José Luis Moralejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Moralejo
Nacemento1943
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid e Universidade de Boloña
Ocupacióncatedrático de universidade e tradutor
PaiAbelardo Moralejo Laso
IrmánsSerafín Moralejo e Juan José Moralejo
PremiosPremio Nacional de Tradución de España
editar datos en Wikidata ]

José Luis Moralejo Álvarez, nado en Santiago de Compostela en 1943, é un latinista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Abelardo Moralejo Laso (e irmán de Juan José Moralejo e Serafín Moralejo), é licenciado en Filosofía e letras na especialidade de Filoloxía clásica pola Universidade Complutense de Madrid e Doutor en Letras clásicas pola Universidade de Boloña con premio extraordinario. Dende 1991 é catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Alcalá. Foi vogal da Comisión Nacional de Avaliación da Actividade Investigadora, da Comisión de Avaliación do Profesorado de Andalucía e da Axencia de Avaliación da Calidade do Profesorado da Comunidade de Madrid (ACAP). É membro dos consellos asesores de varias revistas científicas internacionais[Cómpre clarificar] e asesor da Biblioteca Clásica Gredos. Tamén é membro do padroado da Fundación Pastor de Estudos Clásicos.

No ano 2009 foi galardoado co Premio Nacional de Tradución de España pola súa tradución ao castelán da obra Sátiras. Epístolas. Arte poética de Horacio[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]