Sensō-ji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sensō-ji. Noite do 27 de outubro de 2017

Sensō-ji é un popular templo budista situado no distrito de Asakusa (浅草), Toquio. Outros nomes polo o que é coñecido son o Templo de Asakusa Kannon (pola devoción á deusa Kannon) ou, simplemente, Templo de Asakusa. A súa gran popularidade como atracción turística ven derivada do seu xigantesco Chōchin presidindo a entrada exterior.

O templo[editar | editar a fonte]

O templo posúe unha porta exterior que é coñecida como a “porta do trono”, en xaponés KaminariMon (雷門 – símbolos que podemos ler no Chōchin) que nos dá a entrada á Nakamise-dōri (仲見世通り), un corredor de tendas (maiormente adicadas aos souvenirs e á alimentación) antes de desembocar no propio templo, conformado por : a porta interior (Hōzōmon), as edificacións adxuntas (para ler a fortuna, comprar amuletos ou purificarse), unha pagoda de cinco niveis e o altar principal, lugar onde se realizan maiormente os rezos.

Este é o templo onde se acolle a festividade de Sanja Matsuri , un dos máis importantes de Toquio. [1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hur, Nam-lin (2000). Prayer and Play in Late Tokugawa Japan: Asakusa Sensōji and Edo Society. Harvard University Asia Center. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]