Sendeiro das bágoas
O Sendeiro das bágoas (en inglés: Trail of Tears, e en cherokee: Ꭸꮵꭷꮂꮣ Ꭰꮑꭼꭲ) é o nome co que se coñece a unha serie de traslados masivos forzados das nacións nativas americanas nos Estados Unidos de América segundo a Lei de Traslado Forzoso dos Indios de 1830 (Indian Removal Act). Entre os trasladados cóntanse ás nacións de cherokee, muskogee, seminole, chickasaw e choctaw, os cales escolleron non ser asimilados pola sociedade estadounidense. Por mor disto, foron trasladados dende as súas terras ancestrais do sueste do país a unha área ó oeste do río Mississippi que foi designada como territorio indio. Os nativos americanos que elixiron ficar e seren asimilados recibiron a cidadanía estadounidense.[1] A expresión "Sendeiro das bágoas" orixinouse a partir dunha representación da desaparición da nación choctaw en 1831.[2]
Moitos nativos americanos sufriron enfermidades e fame mentres viaxaban pola ruta cara aos seus destinos, e cálculase a morte de entre 2.000 e 6.000 cherokees dos 16.543 que foron desprazados.[3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Indian removal". PBS. Consultado o 11 de xuño de 2014.
- ↑ Len Green. "Choctaw Removal was really a "Trail of Tears"". Bishinik, mboucher, University of Minnesota. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2008. Consultado o 2008-04-28.
- ↑ Prucha, Great Father, p. 241 note 58; Ehle, Trail of Tears, pp. 390–92; Russel Thornton, "Demography of the Trail of Tears" in Anderson, Trail of Tears, pp. 75–93.
- ↑ Carter (III), Samuel (1976). Cherokee sunset: A Nation Betrayed: A Narrative of Travail and Triumph, Persecution and exile. New York: Doubleday, p. 232.
- ↑ Curtis, Nancy C. (1996). Black Heritage Sites. United States: ALA Editions. p. 543. ISBN 0-8389-0643-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sendeiro das bágoas |