Selyf ap Cynan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selyf ap Cynan
Nacementoc. 586
Falecemento613 e 616
Ocupaciónmonarca
PaiCynan Garwyn
FillosManwgan ap Selyf e Dona
Na rede
WikiTree: Ap_Cynan-8
editar datos en Wikidata ]

Selyf ap Cynan (ou Selyf Sarffgadau) (morto en 616) aparece na xenealoxías galesas antigas como un antigo rei de Powys no século VII e como fillo de Cynan Garwyn.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu nome é a forma galesa de Salomón, e aparece nas antigas xenealoxías como Selim. O seu alcume era Sarffgadau, que significa serpente de batalla.

Segundo os Anais do Úlster e os Anais galeses, en 616 morreu na Batalla de Chester, loitando contra Æthelfrith de Northumbria. Os Anais do Úlster chámao Rei dos britóns, se cadra porque guiaba unha forza combinada de máis dun reino britónico na batalla contra os do reino de Northumbria (o rei de Gwynedd, Iago ap Beli, tamén morreu nela segundo os Anais galeses).

Na tradición das Tríades galesas, aparece Arofan como o seu bardo de corte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kari Maund (2000) The Welsh Kings: The Medieval Rulers of Wales (Tempus)
Rei de Powys

Segue a:
Cynan Garwyn
Selyf ap Cynan
(-616)

Precede a:
Manwgan ap Selyf