Seewoosagur Ramgoolam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Seewoosagur Ramgoolam
Seewoosagur Ramgoolam.jpg
Nacemento19 de setembro de 1900
 Flacq
Falecemento15 de decembro de 1985
 Port Louis, Port Louis
NacionalidadeMauricio
RelixiónHinduísmo
Alma máterUniversity College de Londres e London School of Economics
Ocupaciónpolítico e filántropo
FillosNavin Ramgoolam
PremiosKnight Commander of the Order of St Michael and St George e United Nations Prize in the Field of Human Rights
editar datos en Wikidata ]

Seewoosagur Ramgoolam  (hindi: सर शिवसागर रामगुलाम e tamén coñecido como Chacha Ramgoolam), nado en Belle Rive o 18 de setembro de 1900 e finado en Port Louis o 15 de decembro de 1985, foi un político, estadista e filántropo mauriciano. Un dos principais dirixentes do movemento pola independencia do seu país, serviu como o seu primeiro ministro en xefe e  primeiro ministro de Mauricio, así como o seu gobernador xeral. Foi tamén presidente da Organización da Unidade Africana de 1976 a 1977. Como líder do Partido Laborista, Ramgoolam loitou polos dereitos dos traballadores e conduciu a Mauricio cara á indepencia en 1968.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha pequena localidade da  provincia de Flacq. Seu pai, Moheeth Ramgoolam, membro da comunidade kurmi[1], era un traballador inmigrante indio de Bihar que chegara a Mauricio en 1896 con 18 anos a bordo do barco The Hindoostan como servo por contrato, máis tarde converteuse en sirdar (supervisor) nunha plantación de azucre. Ao casar con Basmati Ramchurn en 1898 trasladouse a outra plantación, xa en Belle River. Basmati era viúva con dous fillos Nuckchadee Heeramun e Ramlall Ramchurn.

Ramgoolam estudou hindi, cultura india e filosofía nunha baitka, escola nocturna da comunidade india. Con sete anos perdeu a seu pai. Logo pasou a unha escola católica próxima e alí aprendeu historia, xeografía, inglés e francés[2], e despois entrou nunha escola pública. Con doce anos sufriu un grave accidente que lle custou o seu ollo esquerdo. Continuou os seus estudos en Curepipe vivindo cun seu tío.

Moeda co retrato de Ramgoolam

Tras rematar o ensino secundario, traballou durante tres meses na administración. Nesa época morreu súa nai e coa axuda financeira dun irmán marchou a estudar medicina no University College de Londres en 1921 e no Reino Unido permaneceu ata 1935[3]. Tras a súa volta a Mauricio, Ramgoolam que inicialmente fora un fervente admirador da administración británica e do seu imperio, comezou a clamar no xornal por el fundado, Advance, por un movemento popular que lograse a igualdade de trato, consideración, educación e  posibilidades de todos os mauricianos. Entrou no Partido Laborista, foi concelleiro en Port Louis en 1940 para logo formar parte do Consello Lexislativo en en 1948 da Asemblea Lexislativa. En 1958[4] converteuse no líder do Partido Laborista, sucedendo a Emmanuel Anquetil. Serviu como ministro en xefe de 1961 a 1968 e durante esa etapa a raíña ordenouno cabaleiro do imperio británico o 12 de xuño de 1965 

Ramgoolam foi un fervoroso admirador de Mahatma Gandhi e traballou para garantir unha independencia pacífica, e unha vez lograda, o 12 de arzo de 1968, permaneceu como primeiro ministro, dirixindo unha serie de gobernos de coalición ata 1982. Nas eleccións xerais dese ano, perdeu fronte á coalición liderada polo Movemento Militante Mauriciano (MMM); Ramgoolam nin sequera mantivo o seu asento na cámara e Anerood Jugnauth pasou a ser o novo primeiro ministro. Ao ano seguinte houbo unha escisión no seo do MMM e convocáronse novas eleccións. Ramgoolam e o Partido Laborista apoiaron a Jugnauth e o seu novo partido, o Movemento Militante Socialista, gañador das eleccións, o que lle permitiu a Ramgoolam ser o novo gobernador xeral, ocupando o cargo ata a súa morte en 1985.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Heerah, Hashwini Laiticia. "Gender and Politicised Religion". p. 24. 
  2. Seewoosagur Ramgoolam (1982) Our Struggle, 20th century Mauritius
  3. Sheard, Sally (2013) The Passionate Economist: How Brian Abel-Smith shaped global health and social welfare Policy Press
  4. Lentz, Harris M. (2014) Heads of States and Governments Since 1945 Routledge, p. 547