Secundino Couto Solla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSecundino Couto Solla
Biografía
Nacemento12 de abril de 1873 Editar o valor em Wikidata
Mourente, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de setembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Canedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncanteiro , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Secundino Couto Solla, nado en Condesa (Mourente, Pontevedra) o 12 de abril de 1873 e finado en Canedo (Ourense) o 17 de setembro de 1960, foi un canteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Canteiro e despois contratista de obras. Membro da UGT e afiliado á Agrupación Socialista de Ourense, da que foi secretario en 1899 e despois presidente ata 1904. Presidiu o Centro Obrero de Orense ata 1904. En 1906 foi delegado pola AS de Orense e presidiu o II Congreso de Agrupacións Socialistas de Galicia, celebrado en Ourense. Dende 1909 foi mestre de obras e industrial, dedicándose á actividade empresarial en Canedo. A finais da ditadura de Primo de Rivera incorporouse á Federación Republicana de Ourense e despois ao Partido Republicano Radical Socialista, sendo elixido alcalde de Canedo o 31 de maio de 1931, logo da repetición das eleccións municipais. En 1932 ingresou na Masonería. Foi presidente do Comité Executivo provincial de Ourense do PRRS. En abril de 1936 foi nomeado presidenta da nova sociedade Artística de Costumes d'Aldea de Canedo.[1] En 1936 adquiriu a fábrica de produtos de portland Galicia Industrial da Rúa.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, pasando polas prisións de Ourense e Celanova. Foi condenado ao pago dunha multa económica polo Tribunal de Responsabilidades Políticas e a 12 anos de reclusión e inhabilitación absoluta, conmutada por 3 anos na mesma sentenza, polo Tribunal Especial de Represión da Masonería e o Comunismo o 14 de decembro de 1953.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Domínguez Polin e foi pai de Luis[3] e Justo Couto Domínguez.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Unha rúa de Ourense leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 10-4-1936, p. 11.
  2. El Pueblo Gallego, 4-6-1936, p. 22.
  3. Mi padre Luis Couto Dominguez
  4. La tarde de gloria fué un 19 de julio

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]