Secundino Cora
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Miñotos
|
| Morte | 25 de xaneiro de 1892 A Habana |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, poeta |

Secundino Cora García, nado en Miñotos (Ourol) e finado na Habana o 25 de xaneiro de 1892, foi un xornalista e poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou mozo a Cuba. Na Habana fundou con Xosé Fontenla Leal a Revista de Galicia en 1886.[1] Colaborou con A Gaita Galega escribindo crónicas e poemas de corte romántico. Foi Secretario do Centro Gallego de la Habana en 1888. Regresou enfermo á súa parroquia natal en 1890, e publicou en El Eco de Vivero varios dos seus poemas e artigos. Volveu á Habana onde morreu en 1892.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Fontenla Leal Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Álbum da emigración. CCG.