Saltar ao contido

STS-109

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-109
Lanzamento da misión STS-109
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento1 de marzo de 2002, 11:22 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión10,92 días[6]
Obxectivo da misiónMisión de servizo para o Telescopio Espacial Hubble.[3][6]
Regreso12 de marzo de 2002[6]
NSSDC ID2002-010A

STS-109 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 1 de marzo de 2002 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-109, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para prestar servizo ao Telescopio Espacial Hubble. Despegou o 1 de marzo, un día despois do previsto debido a condicións meteorolóxicas inadecuadas. A tripulación estaba formada polo comandante Scott D. Altman, o piloto Duane G. Carey, o comandante de carga John M. Grunsfeld e os especialistas de misión Nancy J. Currie, James H. Newman, Richard M. Linnehan e Michael J. Massimino. Foi o primeiro voo do Columbia desde a misión na que se lanzou o Telecopio Espacial Chandra e despois da cal foi sometido a unha revisión e actualización extensa. O transbordador achegouse e capturou o telescopio o 3 de marzo ás 9:31 UTC, acoplándoo á súa bodega de carga. Os astronautas fixeron cinco paseos espaciais para renovar a instrumentación do telescopio, substituír os paneis solares, un dos volantes de inercia e a unidade de control de potencia do observatorio espacial, non deseñada inicialmente para a súa substitución en órbita. Tamén se substituíu a cámara FOC pola cámara ACS, máis avanzada, e se instalou o sistema de cableado CASH e o sistema de refrixeración NCS para a cámara infravermella NICMOS, fóra de funcionamento desde que a refrixeración orixinal se avariara. A substitución de FOC fixo innecesario o uso do sistema COSTAR para a corrección do defecto do espello do telescopio, xa que as novas cámaras correxían o problema por si mesmas. O telescopio foi liberado o 9 de marzo.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 12 de marzo de 2002.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 109" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 31 May 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-56238(E)). 1 de xullo de 2002: 7. Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 109" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-109" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-109" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (16 de febreiro de 2010). "STS-109" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]