Scott Bakula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Scott Bakula
Scott Bakula 2011 (cropped).jpg
Scott Bakula en xuño de 2011.
Nacemento Scott Stewart Bakula
9 de outubro de 1954 (60 anos)
St. Louis, Misuri, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor
Cónxuxe(s) Krista Neumann (1981–95)
Chelsea Field (1996-actualidade)
Ficha na IMDb

Scott Stewart Bakula, nado o 9 de outubro de 1954 en St. Louis , é un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bakula comezou a súa carreira profesional no teatro na obra Shenandoah, realizando representacións nocturnas en Carolina do Norte, protagonizou o musical de Broadway Romance/Romance en 1988, pero fíxose coñecido pola súa interpretación de Sam Beckett na serie de televisión Quantum Leap (1989-1993), pola que gañou un Premio Globo de Ouro en 1991 e foi candidato a catro Emmy. Tamén é salientable o seu papel do capitán Jonathan Archer en Star Trek: Enterprise. Protagonizou en 1996 a serie de curta duración Mr. & Mrs. Smith e tivo papeis recurrentes en series como Murphy Brown, Designing Women, The New Adventures of The Old Christine ou Roseanne e apareceu en filmes como American Beauty ou Mercy Mission entre outros. Desde 2009 aparece na serie Men of a Certain Age da TNT, e ocasionalmente na da NBC Chuck como Stephen Bartowski.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Scott Bakula Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]