Schalk Burger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Schalk Burger
Schalk Burger.jpg
Nacemento13 de abril de 1983
Lugar de nacementoPort Elizabeth
NacionalidadeSuráfrica
Alma máterPaarl Gimnasium
Ocupaciónxogador de rugby
PremiosXogador Internacional do Ano da IRB
editar datos en Wikidata ]

Schalk Burger, nado en Porto Elizabeth o 13 de abril de 1983, é un xogador surafricano de rugby. Xoga na posición de flanqueador na 3ª liña dos Stormers do Super 14, no Western Province da Currie Cup e na selección de rugby de Suráfrica. Foi premiado como mellor xogador internacional do mundo no ano 2004 pola IRB, e no ano 2007 gañou a Copa do Mundo de Rugby.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai chámase como el, e tamén foi xogador de rugby internacional con Suráfrica. Schalk Burger debutou cos Springboks no mundial do 2003, e dende ese mundial non deixou de ser considerado un dos mellores flankers do mundo. Xogador durísimo que sempre chama a atención sobre o campo, ten sido acusado de ser violento de máis cando fai as súas placaxes, pero tamén adoita rematar os partidos botando sangue. Xogando con Western Province e os Stormers nunca obtivo títulos, aínda que na tempada 2010, cos reforzos de Bryan Habana e Jaque Fourie, no Super 14 xogou por vez primeira a final, perdendo fronte ós Bulls de Pretoria. Coa selección en troques obtivo os maiores honores posibles, gañando en 2007 o mundial e no 2009 o Tri Nations.

Equipos Tempadas Títulos
Western Province 2003 - 0 Currie Cup
Stormers 2004 - 0 Super 14
Springboks 2003 - 1 Mundial (2007), 1 Tri Nations (2009)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]