Scapegoat: The Jews, Israel, and Women's Liberation é un libro escrito pola feminista radical e activista estadounidense de orixe xudía Andrea Dworkin.
Dworkin comeza cunha análise sobre o antisemitismo e a misoxinia na historia mundial, facendo unha comparación entre a opresión das mulleres coa persecución da comunidade xudía.[1] Trata as políticas sexuais do xudaísmo e o antisemitismo, e pide o establecemento dunha patria de mulleres como resposta á opresión do sexo feminino, do mesmo xeito que o movemento sionista estableceu un estado de xudeus.[2][3][4]