Satirión apincarado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detalle da flor.
Ilustración de Flora Batava.

O satirión apincarado, Dactylorhiza maculata,[1] (L.) Soó 1962, é unha especie de orquídea, do xénero Dactylorhiza, da subfamilia Orchidoideae da familia das Orchidaceae estreitamente relacionadas co xénero Orchis. Distribúese por toda Europa, chegando ao noroeste de África e ata Siberia. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Estas orquídeas atópanse distribuídas ao longo da zona subartica e a parte tépeda do hemisferio norte: desde Europa, até Siberia e polo noroeste de África. Desenvólvese con preferencia en zonas pantanosas

Descrición[editar | editar a fonte]

Estas orquídeas terrestres desenvólvense en chans acedos e terreos enchoupados. Teñen tubérculos xeófitos. Nestes grosos talos subterráneos poden almacenar gran cantidade de auga, que lles permitan sobrevivir en condicións de seca.

Posúen de 5 a 12 grandes follas de oblongo-ovoides a elíptico-lanceoladas, moteadas de cor púrpura. Desenvolven un talo longo que alcanza unha altura de 70-90 cm. As follas da parte superior son máis pequenas que as follas máis baixas do talo.

Florecen na primavera tardía ou a principios de verán. A inflorescencia, cilíndrica, comparada coa lonxitude da planta é máis ben curta. Sendo un acio compacto cunhas 25-50 flores. Estas desenvólvense a partir duns capullos axilares. As cores predominantes son rosadas, moteados con manchas máis escuras formando un debuxo con liñas e motas na parte central superior do labelo.

Flores.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Dactylorhiza maculata foi descrita por (L.) Soó e publicada en Nom. Nova Gen. Dactylorhiza 7.7 1962.[2]

Etimoloxía

Dactylorhiza: nome xenérico que procede das palabras gregas: "daktylos" (dedo) e "rhiza" (raíz). Isto é pola forma dos dous tubérculos subterráneos que caracteriza ás especies do xénero.

maculata: epíteto latíno que significa "manchada, con mácula"[3]

Subespecies de Dactylorhiza maculata aceptadas

Hai moitas especies que se fertilizan de forma cruzada, dando lugar a unha enorme cantidade de variacións que complican a súa clasificación. Especie tipo: Orchis umbrosa Karelin & Kir. 1842 = Dactylorhiza umbrosa (Kar. & Kir.) Nevski 1937.

Sinonimia
  • Orchis maculata L. 1753 (Basónimo)
  • Dactylorchis maculata (L.) Verm. 1947
  • Dactylorchis elodes (Griseb.) Verm. 1947
  • Dactylorchis maculata subsp. elodes (Griseb.) Verm.
  • Dactylorhiza elodes (Griseb.) Englmaier 1984
  • Dactylorhiza islandica (Á. Löve & D. Löve) Aver. 1984
  • Dactylorhiza kolaensis (Montell) Aver. 1984
  • Dactylorhiza kotschyi (Rchb. f.) P.F. Hunt & Summerh 1965
  • Dactylorhiza okellyi (Druce) Aver. 1984
  • Dactylorhiza transsilvanica (Schur) Aver. 1982
  • Orchis elodes Griseb. 1845
  • Orchis kotschyi (Rchb. f.) Schltr. 1923
  • Orchis okellyi (Druce) Druce 1915
  • Orchis transsilvanica Schur 1853
  • Orchis angustifolia var. schurii Klinge
  • Orchis basilica L. ex Klinge
  • Orchis biermannii Ortm.
  • Orchis calvellii A.Terracc.
  • Orchis comosa F.W.Schmidt
  • Orchis ericetorum (E.F. Linton) E.S. Marshall
  • Orchis macedonica Griseb.
  • Orchis nemorosa Montandon
  • Orchis obtusifolia Schur
  • Orchis solida Moench
  • Orchis tetragona Heuff.[4][5]

Híbridos[editar | editar a fonte]

Nota: nothosubspecies = unha subespecie híbrida; nothovarietas = subvariedade.

  • Dactylorhiza × altobracensis (D. maculata × D. sambucina) (Francia, Austria).
  • Dactylorhiza × carnea (D. incarnata × D. maculata subsp. ericetorum) (W. Europa).
    • Dactylorhiza × carnea nothosubsp. ampolai (D. incarnata subsp. cruenta × D. maculata) (Europa). Tubérculo xeófito.
    • Dactylorhiza × carnea nothosubsp. maculatiformis. (D. incarnata × D. maculata) (W. Europa). Tubérculo xeófito
  • Dactylorhiza × conigerum (D. maculata × D. viridis) (W. Europa).
  • Dactylorhiza × csatoi (D. cordigera × D. maculata) (SE. Europa).
  • Dactylorhiza × delamainii (D. elata subsp. sesquipedalis × D. maculata) (SW. Europa).
  • Dactylorhiza × dinglensis (D. maculata subsp. ericetorum × D. majalis subsp. occidentalis) (W. Europa).
    • Dactylorhiza × dinglensis nothosubsp. robertsii (D. maculata subsp. ericetorum × D. majalis subsp. cambrensi) (Gran Bretaña). Tubérculo xeófito
    • Dactylorhiza × dinglensis nothosubsp. senayi (D. maculata subsp. elodes × D. majalis) (Europa).Tubérculo xeófito
    • Dactylorhiza × dinglensis nothosubsp. townsendiana (D. maculata subsp. ericetorum × D. majalis) (Europa). Tubérculo xeófito
    • Dactylorhiza × dinglensis nothosubsp. vermeuleniana (D. maculata × D. majalis) (W. Europa). Tubérculo xeófito
  • Dactylorhiza × gabretana (D. incarnata × D. maculata × D. sambucina) (Europa).
  • Dactylorhiza × genevensis (D. incarnata × D. latifolia × D. maculata) (Europa).
  • Dactylorhiza × jenensis (D. maculata subsp. ericetorum × D. traunsteineri) (W. & NC. Europa)
  • Dactylorhiza × komiensis (D. hebridensis × D. maculata) (E. Europa).
  • Dactylorhiza × ornonensis (D. elata subsp. sesquipedalis × D. incarnata × D. maculata) (W. Europa).
  • Dactylorhiza × prochazkana (D. bohemica × D. maculata) (EC. Europa).
  • Dactylorhiza × transiens (D. fuchsii × D. maculata subsp. ericetorum) (Europa)
    • Dactylorhiza × transiens nothosubsp. corylensis (D. fuchsii subsp. hebridensis × D. maculata)
  • Dactylorhiza × wiefelspuetziana (D. maculata × D. sphagnicola) (W. Europa).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. "Dactylorhiza maculata". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 26 de febreiro de 2015. 
  3. En Epítetos Botánicos
  4. "Dactylorhiza maculata". The Plant List. Consultado o 26 de febreiro de 2015. 
  5. "Dactylorhiza maculata". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 26 de febreiro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leroy-Terquem, Gerald and Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
  • Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
  • White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996.
  • Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por the Timber Press.
  • Bechtel, Cribb and Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por The MIT Press.